15.2 C
Pontevedra
Xoves, 7 de Decembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiTui inicia as reunións de planificación da «Aloiada 2020»

    Tui inicia as reunións de planificación da «Aloiada 2020»

    O Concello considera indispensable o apoio a este proxecto que se celebrará en xuño de 2020

    Onte martes, 5 de novembro, celebrouse na sala de concelleiros da Casa do Concello de Tui, a primeira das reunións de planificación do proxecto ‘Aloiada 2020’. Nesta actividade organizada polos oitos colexios de Tui, en colaboración co Concello de Tui, ao longo de dous días, os rapaces e rapazas de 6º de Primaria de Tui, participan en diferentes actividades no medio natural, tanto no Parque Natural do Monte Aloia e no Monte Galiñeiro, como no río Miño.

    Os e as representantes dos CEIP’s Nº1 e Nº2, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns e Santa María Maristas, reuníronse coa concelleira de Educación, Sonsoles Vicente e co concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, co fin de confirmar o apoio do concello nesta actividade, así como para planificar as datas e os posibles obradoiros a realizar ao longo das dúas xornadas.

    Os días 11 e 12 de xuño de 2020, serán as datas esperadas polos 200 alumnos e alumnas e máis de 50 mestras e mestres, para manter esta convivencia no medio natural, realizando, entre outras, actividades de escalada, noos, primeiros auxilios, orientación, remo e piragüismo.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.