7.6 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoOia«A Jalleira» organiza unha xornada de voluntariado ambiental no monte veciñal de...

    «A Jalleira» organiza unha xornada de voluntariado ambiental no monte veciñal de Viladesuso, Oia

    O vindeiro domingo 2 de abril a Asociación Forestal de Educación Ambiental A Jalleira organiza unha xornada de voluntariado ambiental no monte veciñal de Viladesuso, unha iniciativa que consistirá na eliminación de eucalipto no monte da Groba.

    Con este traballo voluntario, preténdese erradicar esta especie invasora nunha área de especial interese paisaxístico, e mellorar as condicións de hábitats prioritarios degradados que atopamos nesta zona coñecida como “O Campo do Xunco”, recentemente incluida no inventario de zonas húmidas de Galicia.

    A xornada comezará ás 10:00 h, o punto de encontro será no Refuxio Fonte do Toxo (a localización pode consultarse nesta ligazón). Ao remate haberá un pequeno xantar para todas as persoas participantes da xornada. Para máis información e inscrición, as e os interesados poden dirixirse ao enderezo de correo electrónico ajalleira@gmail.com.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.