3.5 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaEsther Navarrete e Carlos Porto gañan a 15K do Atlántico

    Esther Navarrete e Carlos Porto gañan a 15K do Atlántico

    Ás 11.00 en punto deste 1 de outubro, cunha gran capa de néboa cubrindo toda a contorna, o popular Terio Carrera, da Tvg, empezaba a conta atrás para a edición máis especial e populosa da 15K do Atlántico Banco Mediolanum.

    Especial por chegar á número 10; populosa porque entre as dúas distancias e a andaina superábanse con moito, os 1000 participantes. Dúas saídas en lugares diferentes, unha, a longa co impresionante mosteiro de Oia de fondo e a outra, de 7,5 km, e quince minutos máis tarde, desde a parroquia rosaleira de Pontecelo.

    Anteriormente, ás 10.00 horas, a Andaina comandada polo flamante padriño, Álvaro Piñeiro, arrincaba a súa marcha cara o destino no porto da Guarda.

    Saída moi rápida para os máis de 600 atletas da 15K do Atántico Banco Mediolanum 2023, con dous homes que marcaban xa o ritmo desde os primeiros metros, Álvaro Prieto e Carlos Porto levaban unha pequena distancia a Emilio Pérez. Por detrás, algúns ilustres como Dani Bargiela e Elías Dominguez, e xa tras eles a enorme Esther Navarrete que ía ao ritmo dos mozos “top”.

    Sería na parte final da carreira cando Porto decidía dar o tirón definitivo para vencer na 10ª edición da 15K do Atlantico, cruzando a meta cun rexistro de 48.08. Trece segundos despois facíao en segunda posición, Álvaro Prieto, sendo terceiro Emilio Pérez, que tivo que facer un último esforzo para que non lle alcanzase un Dani Bargiela, ao que aínda quedaban forzas para loitar polo bronce. Finalmente non o obtería por 10 segundos.
    Apenas uns minutos despois, asomaba xa a cabeza a flamante dominadora da competición feminina, Esther Navarrete, que gañaba cun gran crono de 52.55, sendo a novena de todos en chegar ao porto da Guarda. Moi lonxe, con 56.51 era segunda Eva Piñel; o bronce de Begoña Domínguez, 58.36 para o podium de mozas.

    En canto á carreira “especial” de 7,5 km polo décimo aniversario, a vitoria no apartado masculino ha correspondido a Josué Moreno cun tempo de 24.41. con José Antonio Burgos e Felipe Veiga sendo 2º e 3º.
    En mulleres Ana Alonso, asinaba 32.01, con máis de dous minutos de diferenza sobre Alejandra Sanromán e Julia Sampedro.

    Como todos os anos, a 15K do Atlántico tivo o seu parte solidaria, a través do proxecto Mediolanum Aproxima. Nesta ocasión para colaborar coa Asociación Española contra o Cancro. Recadáronse xa máis de 6000 €, e aínda queda unha semana para seguir doando. Ao final o Banco Mediolanum achegase a mesma cantidade que a que se conseguiu.

    Tras a competición, atletas, familiarares, afeccionados… comentaban o que viviran noutra mañá máis, dunha das probas máis bonitas do calendario popular galego por esa contorna privilexiada.Mesmo houbo tempo para algún último baño da tempada nas frías augas de porto da Guarda.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.