21.2 C
Pontevedra
Sábado, 3 de Xuño de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda e Póvoa de Varzim xa son cidades irmandadas

    A Guarda e Póvoa de Varzim xa son cidades irmandadas

    O Concello da Guarda iniciou en xuño os trámites para formalizar o Irmanamento entre as vilas mariñeiras da Guarda e de Póvoa de Varzim(Portugal), coa creación dunha Comisión integrada polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba,  un representante de cada un dos grupos municipais e o representante da asociación O Piueiro, Tomás Núñez González.

    O Irmanamento fíxose efectivo no día de onte, 29 de xuño de 2022, cando unha comitiva municipal, encabezada polo Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, se desprazou ata a cidade portuguesa, convidados polo Presidente da Camara Municipal de Póvoa de Varzim, Aires Henrique do Couto Pereira, participando en diferentes actos das Festas de S. Pedro e procedendo tamén á sinatura da “Minuta de Acordo de Germinaçao”, o documento polo que as súas vilas quedan deste xeito irmandadas.

    Este Irmanamento comezou a súa andadura no 2020, cunha proposta da asociación O Piueiro de creación dunha comisión organizadora, posteriormente so equipo de goberno da Guarda se puxo en contacto con representantes  da Cámara de Póvoa de Varzim para manifestar de maneira explícita a vontade de Irmanamento pero debido á pandemia do Covid houbo que retrasar  a súa celebración ata o 2022.

    O Alcalde da Guarda manifestou ante os presentes neste acto de sinatura a súa ledicia e satisfacción por un Irmanamento entre dúas vilas que dende xa hai moitos anos manteñen moitos nexos de unión, sempre vencellados á vida mariñeira, como son as marcas dos pescadores e mariñeiros da Guarda ou as marcas povoeiras. Convidou Antonio Lomba a todos os presentes neste acto a participar os días 23 e 24 de setembro na Guarda nas celebracións das Festas de Santa Trega e no Pleno Extraordinario que terá lugar para ratificar en sesión plenaria este Irmanamento.

    A relevancia deste Irmanamento, entre dous pobos cunha intensa relación ao longo dos tempos, permitirá estreitar estes lazos,  incrementar  as relacións culturais, fomentar  un turismo  mutuo entre os cidadáns  de ambas entidades e posibilitará un intercambio de experiencias e de coñecementos entre os responsables  da xestión  municipal  coa finalidade de  propiciar o intercambio  de iniciativas e de mellora en materia dos servizos á cidadanía.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS