6.4 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Deputación de Pontevedra presenta no concello da Guarda o Proxecto de...

    A Deputación de Pontevedra presenta no concello da Guarda o Proxecto de Arqueoloxía Trazas

    O acto de presentación deste importante proxecto que pon en valor os castros da provincia tivo lugar na Casa dos Alonsos na tarde do pasado mércores.

    Ás 16:30 h deu comezo o acto o alcalde da Guarda, Roberto Álvarez Carrero, quen deu a benvida aos alcaldes e concelleiros presentes e que tamén forman parte deste proxecto que engloba a 16 concellos pontevedreses. O alcalde agradeceu a Deputación que escollese A Guarda para ser escenario desta presentación onde o Castro de Santa Trega destaca pola súa extensión,

    O Proxecto Trazas comezou no ano 2015 coa firma do convenio entre a Deputación e o Ministerio de Fomento e incluía na súa primeira fase a escavacións dos 17 castros seleccionados da provincia. A primeira intervención arqueolóxica foi no Castro de Santa Trega, reescavando o sector coñecido como barrio de Mergelina.

    Nesta nova fase do proxecto presentada no Concello da Guarda apostase pola dixitalización dos castros co lanzamento dun portal web específico que contribúa á posta en valor destes xacementos e onde se localizan diversos contidos como pezas audiovisuais. Ademais completase coa creación de materias didácticos para os escolares e material para familias, científico,… Esta web e os contidos irán mudando e ampliando a medida que avance este proxecto coa musealización dos castros escavados.

    Estas novidades foron presentadas por Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación e responsable das 17 escavacións realizadas dos 16 concellos. Nesta proposta dixital o Castro de Santa Trega destaca con imaxes espectaculares e contidos pero sobre todo porque identifican ao noso castro como a primeira cidade da provincia pola súa extensión, complexidade no urbanismo e na que habitaron unhas 5.000 persoas.

    O acto continuou coa intervención de Cesáreo Pardal, Presidente do Clúster de Turismo, que amosou a satisfacción pola aposta de produtos que desestacionalicen o turismo na provincia. Despois interviu Nava Castro, Deputada Provincial de turismo, quen agradeceu o esforzo pola dixitación dos castros porque permite que veciños e visitantes podan coñecer a riqueza arqueolóxica da provincia.

    Luis López, Presidente da Deputación, pechou a rolda de intervencións amosando así o compromiso da Deputación para ampliar este programa integral e recoñecendo que esta presentación tiña que ser no Concello da Guarda pola importancia do castro de Santa Trega.

    Como peche do acto fíxose a entrega simbólica aos concellos presentes dun exemplar impreso do seu castro. Todo este material xa está dispoñible en www.trazas.turismoriasbaixas.com.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.