Tag: arqueoloxía
A Xunta impulsa a publicación dun libro sobre a importancia da Xeración Nós na arqueoloxía galega
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentaron hoxe na sede da Delegación o libro Arqueoloxía do noroeste peninsular en tempos de Nós impulsado polo Goberno galego en colaboración co Seminario de Estudos Galegos.
«Galaicos. Un pobo entre dous mundos», dende hoxe no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra
Poñer en valor o patrimonio arqueolóxico e cultural da provincia pontevedresa e Galicia e favorecer deste xeito un turismo sostible baseado na historia, co fin de atraer visitantes durante todo o ano, é o obxectivo da mostra da Deputación de Pontevedra 'Galaicos: Un pobo entre dous mundos', que desde hoxe e ata o 2 de febreiro exhibe o Museo de Pontevedra.
Novos achados arqueolóxicos confirman a forte pegada dos romanos en Ponteareas
Ninguén o dubidaba porque os restos arqueolóxicos así o demostraban pero novos achados veñen ratificar que os romanos deixaron unha forte pegada en Ponteareas. O museo municipal de Ponteareas ven de recibir a doazón de diferentes restos arqueolóxicos atopados nas inmediacións do Castro da Croa, en Ribadetea.
A Guarda organiza unha visita guiada ás salinas romanas
O Concello da Guarda organiza, para o vindeiro sábado día 17 de agosto, unha visita guiada ás escavacións das Salinas do Seixal. Esta visita, que conta coa coordinación de Anabam, realizarase de xeito gratuíto con saída ás 10:45 h dende o Porto da Guarda e un percorrido aproximado de 2 horas empregando a senda litoral.