15.2 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeA ParadantaCoveloCovelo inviste preto de 40 000 € na mellora de tres casas...

    Covelo inviste preto de 40 000 € na mellora de tres casas culturais

    O Concello executou melloras de drenaxe do edificio e do peche perimetral da casa social de Baldomar, ademais da colocación de canastas de minisbasket mentres que na Casa Cultural da Bugariña e da Prado da Canda realizou obras de mantemento, limpeza e pintado de fachadas

    No marco do plan de posta en valor e mellora dos espazos públicos municipais, o goberno de Covelo executou reformas e obras de mantemento en tres casas e centros culturais. Financiadas con fondos propios a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, o Concello destinou un total de 37 226,66 €.

    Neste mes o Concello actuou na mellora da drenaxe e peche perimetral da casa social de Baldomar e realizou obras de mantemento na casa cultural de Prado e na da Bugariña.

    “As casas e centros culturais e sociais son espazos vitais nos que a veciñanza pode desenvolver diferentes actividades e supoñen insfrestruturas esenciais para a dinamización social”, explica o alcalde Pablo Castillo.

    Co obxectivo de ofrecer espazos públicos confortables e de calidade o Concello procedeu ao peche total da parcela da casa social de Baldomar, á mellora da drenaxe da contorna do edificio e á colocación dunha fonte e canastas de minibasket nas pistas deportivas. Na actualidade a parcela estaba aberta nalgúns puntos entrando o gando nas inmediacións, ademais carecía de portal de entrada e había filtracións de humidade nunha das fachadas da casa.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.