Tag: pablo castillo
O Sergas remata as obras de modernización e mellora dos centros de saúde de Covelo e Maceira
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) vén de rematar as obras de modernización e mellora dos centros de saúde do Concello de Covelo, emprazados na capital municipal e na parroquia de Maceira, cun investimento de 102.000 euros ao abeiro dun convenio de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia e a administración local.
Mondariz e Covelo inauguran o obradoiro dual ‘Medrando entre todos/as’
O obradoiro dual "Medrando entre todos/as", organizado conxuntamente polos concellos de Mondariz e Covelo, xa está en marcha. Este mércores, 30 de decembro de 2020, foi inaugurado oficialmente na sede da Escola Municipal de Música de Mondariz (antigo C.E.I.P. Riofrío-Vilar) coa presenza da delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro; o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, e o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros.
A Deputación pecha 2020 con máis de 9,5 millóns de euros investidos na mellora da mobilidade e seguridade viaria nas estradas provinciais
Ao longo do 2020 a Deputación de Pontevedra investiu máis de 9,5 millóns de euros na mellora da mobilidade e seguridade viaria de estradas da provincia. Desde xeito, o deputado provincial Gregorio Agís vén de visitar algunhas das actuacións desenvolvidas durante este ano, que están a transformar as estradas provinciais e adaptando o espazo público ao século XXI no marco do modelo de mobilidade do Goberno provincial.
A Xunta mellora a accesibilidade á praia de Maceira, en Covelo
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá as obras de mellora de accesibilidade que o concello de Covelo realizou na praia de Maceira grazas as axudas para a mellora das infraestruturas turísticas da Consellería de Cultura e Turismo e que supuxeron un investimento de algo máis de 50.000 euros.
A Xunta reforzará o firme na PO-255 en Covelo
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís visitou o venres, 1 de marzo, a estrada PO-255, ao seu paso polo concello de Covelo, onde se van a levar a cabo nos próximos meses traballos de reforzo do firme que tamén beneficiarán aos concellos da Lama,...