19.5 C
Pontevedra
Martes, 26 de Setembro de 2023
Máis
    HomeA ParadantaA CañizaAbertas as inscricións para o VIII campamento de verán do BM Cañiza

    Abertas as inscricións para o VIII campamento de verán do BM Cañiza

    O Club Balonmán Cañiza lanza o seu xa tradicional campamento de verán destinado a nenos desde os catro anos de idade. Desde o 31 de xullo ata o 11 de agosto o club organiza a oitava edición deste campus multideportivo.

    Haberá actividades deportivas, xogos de verán, actividades culturais, deporte adaptado coa visita do Club Amfiv de Vigo e unha saída para visitar o VigoZoo. O prezo de inscrición para unha semana será de 50 euros e para dúas de 70 euros (existen descontos para familias).

    De luns a venres en horario de 9:00 h a 14:00 h, para inscribirse e obter máis información contacta no teléfono/whatsapp 616134560, no correo electrónico balonmancaniza@gmail.com ou a través do código QR de abaixo e consulta máis actividades, tarifas e descontos para familias.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS