O Concello de O Porriño procederá a retirar a simboloxía franquista da fachada da Igrexa de Santa María unha vez que reciba autorización da Comisión Provincial de Patrimonio. O Concello instou ese permiso ó tempo que tamén solicitou autorización para limpar a fachada da pintura rosa que fora arroxada o pasado 18 de xullo.
A alcadesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, anunciou a posta en marcha dun proxecto que se desenvolverá ao longo de catro anos, de cara a poñer en valor distintos espazos municipais a través dun proxecto educativo do IES Salvaterra. Con este fin, a rexedora local mantivo un encontro do vicedirector do centro, José Quiroga e a profesora de Arte, Paloma Romero.
O concello de Ponteareas da un paso máis na mellora e transformación do núcleo urbano iniciando o proceso que rematará na humanización da rúa Redondela. O primeiro paso dado é poñer en coñecemento das empresas que poidan estar interesadas, da apertura do prazo de presentación de ofertas que estará aberto ata o 30 de outubro.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu na mañá de onte á xunta directiva do Círculo de Empresarios de Galicia, presidida por Patricia García, con motivo da reunión que, por vez primeira, se realizou na sede de Vigo da institución provincial.
Segunda novela de María Alonso logo do seu paso pola ciencia ficción distópica a través de 'Despois do cataclismo', que nesta ocasión se mergulla nun ambiente máis realista pero absolutamente marxinal, para narrarnos unha historia de vinganza que, ao meu entender, débelle moito ao cine de acción, sobre todo na parte final.
O concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, responsábel das políticas de convivencia cidadá, informou que xa está exposto ao público na web municipal o borrador de ordenanza contra a contaminación acústica para suxestións. Ábrese agora unha segunda fase participativa na que a veciñanza poderá pronunciarse sobre unha proposta concreta de ordenanza.
Tui é dende hoxe membro de pleno dereito da Red de Juderías de España. Na 52ª asemblea desta entidade, celebrada esta tarde en Hervás, formalizouse a incorporación de catro novas cidades: Tui, Béjar, Sagunto e Lorca. Con este paso complétase o proceso de admisión de novas entidades que comezou o ano pasado coa presentación de candidaturas que foi resolta no mes de maio.
O goberno de Nigrán extremará as medidas para eliminar os atropelos en pasos de peóns do municipio introducindo neles un reforzo lumínico extra por importe de 18.000 € a cargo do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. O obxectivo é mellorar a seguridade do camiñante e do conductor en viais de titularidade municipal onde os pasos non están regulados semafóricamente.
Ninguén o dubidaba porque os restos arqueolóxicos así o demostraban pero novos achados veñen ratificar que os romanos deixaron unha forte pegada en Ponteareas. O museo municipal de Ponteareas ven de recibir a doazón de diferentes restos arqueolóxicos atopados nas inmediacións do Castro da Croa, en Ribadetea.
Co obxectivo de dar un paso máis na protección do medio ambiente e poñer en valor o patrimonio natural, o Concello de Ponteareas vén de sacar a licitación os primeiros traballos do parque forestal Seixiforna-Viveiro no monte veciñal de Xinzo e Ribadetea por un importe de máis de 60.000 euros.
O Concello da Guarda organiza con motivo do Día Mundial do Turismo unha visita guiada polo rico patrimonio existente no casco urbano da Guarda. Despois da boa acollida das visitas singulares que tiveron lugar durante este verán escolleuse celebrar esta data para coñecer parte da historia do noso municipio, pero co encanto da noite guardesa.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.