Domingo, 4 Maio de 2025

Ultimas Noticias

A Guarda volve a apostar pola posta en valor da figura de Rosalía de Castro

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de programar varias actividades para resaltar e por en valor a figura da senlleira escritora galega Rosalía de Castro, coincidindo co Día de Rosalía(24 de febreiro de 2020). A primeira actividade será a inauguración da exposición 'Airiños Aires Rosalía' do fotógrafo Xurxo Lobato

Olga García e Verónica Carrera entregan os diplomas do Curso de Artesanía en Coiro

A concelleira de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ponteareas, Verónica Carrera, e a deputada provincial Olga García Ballesteros, entregaron os diplomas do curso 'Artesanía en Coiro' impartido no Centro Artístico Sportivo no marco do programa Conectadas da Deputación Provincial e organizado pola asociación de Mulleres do Rural do Tea de Ponteareas.

Redondela iniciará, en primavera, as obras do parque de San Estevo de Negros

As obras de construción da primeira fase do parque infantil de San Estevo de Negros, que debían ter comezado o pasado mes de outubro e que non se puideron desenvolver polas condicións meteorolóxicas adversas, comezarán nesta vindeira primavera, seguindo as indicacións técnicas.

ACiP denuncia a “falta de conservación” dos aparcadoiros públicos durante o Nadal

A concelleira de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Raquel Bautista Alfaya, cualificou de "lamentable" a situación na que se atopan os aparcadoiros públicos que ten o Concello, "con fochas que os fan intransitables e que son un perigo para vehículos e os propios peóns". Bautista chama a atención sobre o feito que no caso de producirse avarías por esta causa "pode derivar en reclamacións ecónomica contra o Concello e, en definitiva, para o peto dos veciños e veciñas".

Os Reis Magos visitan a «Residencia Monte Santa Tecla» da Guarda

O venres 3 de xaneiro as súas Maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar aproveitaron a súa chegada á vila da Guarda para visitar aos nosos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Santa Tecla.

Excelente peche de ano para o Club Natación Ponteareas

Hai para quen os últimos días do ano son de tranquilidade e relax para coller folgos para afrontar un novo ano e, por contra, as hai e os hai que apretan o acelerador a fondo para conseguir que un ano magnífico, convértase en extraordinario. Ese é o caso do Club Natación Ponteareas para o que, estes últimos días do ano, foron xornadas de gran actividade para os seus nadadores e as súas nadadoras.

Espazo Xove de Tui acolle, dende hoxe xoves, a mostra «ZOOM: do individuo á paisaxe»

O espazo Xove de Tui acollerá a exposición de fotografía ZOOM: do individuo á paisaxe, do 26 de decembro ao 7 de xaneiro. A exposición constará de dúas partes que se sucederán cronoloxicamente: unha primeira do 26 ao 7, e unha segunda do 7 ao 17.

O PP de Ponteareas afirma non ter recibido o documento dos Orzamentos 2020

O PP de Ponteareas vén de denunciar o que, ao seu entender, é unha "falta de respecto" da Alcaldía cara aos grupos da oposición aos que "continuamente obstaculiza o seu traballo". Belén Villar asegura que, sobre a intención do alcalde de aprobar os orzamentos de 2020 o próximo 26 de decembro non teñen máis información "que o publicado estes días polos medios de comunicación".

Nigrán lanza unha campaña de recollida e reprantación de árbores de Nadal

O Concello de Nigrán presentou hoxe no CEIP A Cruz (Camos) a súa primeira campaña municipal de recollida de árbores de Nadal para a súa posterior replantación co obxectivo, ao mesmo tempo, de promover a sostibilidade e a concienciación ambiental entre a veciñanza. Esta iniciativa, pioneira na comarca, terá como resultado un novo bosque de abetos e pinos no espazo público do parque de Poutón (Vilariño).

Marta Valcárcel, “a mellor obra que podemos facer a día de hoxe en Salvaterra, é crecer”

Marta Valcárcel é, dende xuño deste ano, alcaldesa de Salvaterra de Miño. Colle a nova rexedora local a testemuña dun ‘histórico’ como Arturo Grandal Vaqueiro e convértese na primeira alcaldesa da vila fronteiriza para afrontar retos de futuro que permitan continuar a liña de crecemento sostido que mantén Salvaterra dende hai anos.

Gran estrea en Galicia da «Liga Española de Vela»

Gran estrea en Galicia da liga Española de vela 'Trofeo Loterías e Apostas do Estado', que o Monte Real Club de Iates organiza estes días en Baiona por delegación da Real Federación Española de Vela. As Rías Baixas recibiron este venres á frota de 10 participantes dos diferentes clubs españois que aspiran a converterse no representante nacional na liga Europea de Vela, un privilexio que se lle concederá ao gañador desta competición.

O alcalde e a concelleira de Deportes da Guarda, felicitan públicamente ao Mecalia Atl. Guardés

Antonio Lomba, alcalde da Guarda e Montserrat Magallanes, Concelleira de Deportes, trasladaron os seus parabéns para o equipo, directivo técnico e xogadoras do 'Mecalia Atl. Guardés' tras conseguir o galardón de Mellor Equipo Feminino 2018, xunto co Burela Fútbol Sala Feminino, un premio que concede anualmente a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.