Domingo, 4 Maio de 2025

Ultimas Noticias

Concello do Rosal e Deputación de Pontevedra traballan xuntos en proxectos de mellora do municipio

Concello do Rosal e Deputación de Pontevedra seguen a traballar xuntos en diferentes proxectos de mellora do municipio sen esquecer a situación actual que se está a vivir pero tamén coa vista posta no futuro e en cando remate o estado de alarma. Unha destas obras é a que se está a desenvolver na estrada provincial EP 3302, que se está a converter nun viario urbano municipal que mellora a mobilidade peonil da zona.

Nigrán e Ovalmi incentivan a compra de agasallos no comercio local de cara ao ‘Día da Nai’

O Concello de Nigrán continúa coa sua campaña para promover o comercio de proximidade entre a veciñanza apostando nesta ocasión pola compra de agasallos de cara ao Día da Nai o domingo 3 de maio, tal e como antes fixera con éxito polo Domingo de Pascua e coas tendas de alimentación ao inicio da crise do Covid-19.

O novo aspecto da contorma do Auditorio e Praza de Abastos de Ponteareas comeza a tomar forma

O goberno de Ponteareas (BNG-PSOE) asegurou hoxe que as obras de humanización da rúa Fernández Vega na contorna do auditorio-praza de abastos "afrontan a súa fase final coa colocación do pavimento e remate de arquetas, sumidoiros e instalacións eléctricas".

O Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios realizou 160 desinfeccións en centros de saúde e residencias da provincia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá a labor dos profesionais do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (SPDCIF) de Galicia que levan realizadas 160 desinfeccións en centros de saúde e residencias de maiores e discapacitados nas comarcas do Salnés, Pontevedra, Morrazo, Deza, Baixo Miño e Condado-Paradanta dende que comezara a súa colaboración de maneira preventiva no marco da situación de emerxencia declarada por mor do coronavirus.

O PP de Ponteares pide a redución do salario dos concelleiros e concelleiras con dedicación durante o estado de alarma

O Grupo Municipal do PP rexistrou unha petición dirixida ao alcalde, Xosé Represas, para solicitar a redución do salario de todos os edís da Corporación que gozan de dedicación. A esixencia dos populares é que "polo menos sexa un 50 % de redución e que sexa aplicado con efecto inmediato e mentres dure o Estado de Alarma".

A Deputación adianta os IV Premios Provinciais á Xuventude e anima a converter “a crise en oportunidade”

Co obxectivo de converter a crise en oportunidade, a Deputación de Pontevedra adianta este ano o lanzamento dos Premios Provinciais á Xuventude ao respecto de edicións anteriores, para que a mocidade da provincia aproveite a situación que estamos a vivir e desenvolva todo o potencial que ten dentro. Deste xeito, as mozas e mozos poden comezar a idear e traballar nos proxectos cos que participar nos premios, aproveitando así o período de confinamento no que nos atopamos.

As tres universidades galegas consensúan coa Consellería non retomar as clases presenciais neste curso 2019/2020

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), Eduardo López, e os reitores das tres universidades galegas, Antonio López (USC), Manuel Reigosa (UVigo) e Julio Abalde (UDC) reuníronse esta mañá por videoconferencia. No marco desta xuntanza consensuouse, tal e como solicitaron os tres reitores, manter o calendario académico sen retomar as clases presenciais neste curso 2019/2020.

De vagariño faise mellor o camiño

De sobra é coñecido que pasamos por unha situación totalmente inusual, excepcional e imprevista e como tal temos que actuar de xeito igual de excepcional para o que viña sendo o noso “normal” xeito de vida. E o primeiro e primordial é tomarnos a vida dun xeito máis pausado, reflexivo e empático (isto é especialmente importante).

Ponteareas aclara que os concellos “non dispoñen de datos oficiais sobre contaxios a nivel municipal”

O Concello de Ponteareas vén de aclarar hoxe á cidadanía que os Concellos "non dispoñen de datos oficiais sobre contaxios no ámbito municipal". Desde o Goberno local do BNG e PSOE explican que “os datos sobre contaxios tenos o SERGAS e a súa política informativa, que en ningún caso cuestionamos, consiste en dar información por áreas sanitarias, en ningún caso por Concellos”.

As empresas adxudicatarias das obras públicas de Redondela cesan na súa actividade

As empresas adxudicatarias que realizaban obras para Concello de Redondela veñen de paralizar, dende onte, a súa actividade para dar cumprimento ao decreto do Goberno da nación de paralización dos servizos non esenciais. A paralización das obras foi precedida pola retirada da maquinaria e o valado das zonas de traballo.

Salceda, solidariedade contra o coronavirus

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, xunto co seu equipo de goberno (MS e PSOE) queren facer público o seu agradecemento "ás múltiples mostras de solidariedade que están a recibir nestes días a través das diferentes canles das que dispón o Concello, e que son exemplo da boa predisposición do conxunto da sociedade salcedense na loita contra o COVID 19".

As empresas adxudicatarias paralizan as súas obras en Ponteareas

Como consecuencia do decreto 10/2020 de paralización dos servizos non esenciais as empresas adxudicatorias que realizaban obras en Ponteareas procederon ao peche das mesmas perimetrando a zona de actuación, retirando as maquinarias e comprobando que se garante a seguridade. O goberno do BNG-PSOE vela polo cumprimento da orde aprobada polo Goberno do Estado de paralizar todas as actividades agás as de subministros básicos á cidadanía durante o estado de alarma pola crise sanitaria do COVID-19.