13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeUltimas NoticiasNigrán e Ovalmi incentivan a compra de agasallos no comercio local de...

    Nigrán e Ovalmi incentivan a compra de agasallos no comercio local de cara ao ‘Día da Nai’

    Recompilarán nunha guía para a veciñanza todos os comercios abertos que vendan artigos de regalo e aqueles que ofrezan a posibilidade de vales, compra online e entrega a domicilio

    O Concello de Nigrán continúa coa sua campaña para promover o comercio de proximidade entre a veciñanza apostando nesta ocasión pola compra de agasallos de cara ao Día da Nai o domingo 3 de maio, tal e como antes fixera con éxito polo Domingo de Pascua e coas tendas de alimentación ao inicio da crise do Covid-19. Así, xunto á asociación de comerciantes OVALMI recompilará nunha guía para a veciñanza todas aquelas tendas abertas de Nigrán que teñen posibles agasallos (viveiros, pastelerías, droguerías…) e tamén aquelas que ofrecen os seus produtos ou servizos a través da compra online e posterior entrega a domicilio.

    Os negocios interesados en figurar nesta guía que se distribuirá a través de redes sociais e cartelería deberán enviar antes do martes 28 de abril ás 12:00 horas un mail a comunicacion@nigran.org indicando os datos básicos (nome da túa tenda e dirección, tipo de artigo ou servizo, posibilidade de compra online ou se permanece aberta e facilidade ou non de entrega a domicilio). O mesmo martes pola tarde comezará a distribución da cartelería en redes sociais e establecementos de Nigrán.

    “Sabemos que a maioría das tendas permanecen pechadas, pero queremos promover se ofrecen compra online ou posibilidade de vales para consumir cando a apertura estea autorizada”, indica o alcalde, Juan González. “Cada un de nos ten a posibilidade de axudar ao pequeno comercio, queremos as rúas cheas de vida cando todo isto pase e para iso temos que apostar por eles agora”.

    Campaña

    “Porque xuntos venceremos esta crise. Porque somos veciños. Porque cando todo isto pase seguiremos mantendo con vida as rúas. Porque axudas as persoas emprendedoras a manter a boia os seus negocios. Porque a riqueza se queda no pobo. Porque aínda que agora o tape a mascarilla sempre temos un sorriso de agradecemento. Porque ti nos importas… :)”. Estes son algúns dos motivos que o Concello ofrece nas súas diferentes campañas para mercar no comercio de proximidade.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.