Sábado, 23 Agosto de 2025

Ultimas Noticias

Luís Bará, asegura que o 12X situa ao BNG e a Ana Pontón “na plataforma de lanzamento” para acadar o Goberno da Xunta dentro...

Coa convicción de que comeza un novo ciclo político cun cambio social e unha nova Galiza representada polo BNG de Ana Pontón, o cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou hoxe que o Bloque Nacionalista Galego comeza desde hoxe a súa andaina cara o 2024. Na súa valoración dos resultados electorais, Bará subliñou que “o mellor está por vir para o BNG e para Galiza”

Redondela homenaxea ao equipo xuvenil do Club Deportivo Choco tralo seu ascenso á División de Honra

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada polo concelleiro de Deportes, Nacho González e concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal, recibiron na Praza do Concello aos compoñentes do equipo xuvenil do Club Deportivo Choco e así facerlles unha merecida homenaxe polo seu recente ascenso á División de Honra.

O Concello de Redondela felicita aos dous axentes da Policía Local que impediron o que podería ter sido unha desgraza na AP-9

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e o concelleiro de Seguridade, Leonardo Cabaleiro, recibiron na Casa do Concello aos dous axentes da policía local que o pasado domingo impediron, coa súa actuación “e poñendo en grave risco a súa seguridade” impediron o que podería ter sido unha traxedia na AP-9, ao interceptar a un vehículo que circulaba en dirección contraria.

Aberta a inscrición para o Curso de Surf organizado polo Concello da Guarda

O Concello da Guarda, a través do departamento de Deportes, organiza un Curso de Surf para adolescentes de entre 12 e 18 anos. O curso terá lugar na Praia de Patos en Nigrán o venres 10 de xullo en horario de 17:00 h a 19:00 h a un prezo de 16 € por persoa, inclúe transporte dende A Guarda.

A Guarda mellora as instalacións da Oficina de Turismo Municipal

O Concello da Guarda está a acometer as obras na Oficina de Turismo Municipal da Praza do Reló, de cara a mellorar as instalacións e ofertar unha imaxe de calidade aos visitantes. Dende o ano pasado esta Oficina ampliou os seus horarios e centralizou a atención de visitantes e peregrinos que, pola súa situación en pleno camiño de Santiago, realizaban unha parada na súa peregrinación.

O alcalde de Nigrán agasalla a Benedicta Carrera no seu 100 aniversario

O alcalde de Nigrán, Juan González, acudíu esta tarde coa edil de Maiores, María Mayán, á celebración do 100 aniversario de Benedicta Carrera Rodíguez na súa casa de Chandebrito. A muller, nativa desta parroquia, soprou as velas en compañía da súa familia máis próxima, agardando ao domingo para reunirse todos. Ademais, recibíu de parte do Concello unha placa conmemorativa e o catálogo da exposición fotográfica 'Mulleres de Nigrán -1970'.

O Concello de Ponteaeras restablece a atención presencial a partires do luns con cita previa

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, anunciou o restablecemento da atención presencial nos servizos municipais a partires deste luns. Para chegar a este punto foi necesario durante as últimas semanas adaptar os postos de traballo e os lugares de atención ás novas esixencias sanitarias

O Porriño abre a súa primeira Sala de Estudo

O vindeiro martes 9, o Concello do porriño abrirá a primeira Sala de Estudo Municipal situada nas instalacións do Centro Cívico, na rúa Domingo Bueno, 13. Trátase dunha iniciativa da Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira e que está chamada a ser un complemento da Biblioteca Pública Municipal.

Gonzalo Caballero anuncia un “cambio progresista” na Xunta que priorizará “servizos públicos e emprego”

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, sinalou onte que “agora é máis necesario que nunca” dar “unha etapa progresista” a Galicia para remontar esta situación de crise derivada da covid cunha nova "folla de ruta" que defenda os servizos públicos e configure unha nova política económica para reconstruír Galicia defendendo os intereses da cidadanía.

Un grupo adegueiro do Rosal doa 2.000 máscaras cirúrxicas ao Concello

O tecido asociativo, veciñal e empresarial do Rosal continúa a dar mostras da súa enorme solidariedade. O grupo adegueiro Méndez-Rojo, que conta con novas instalacións no municipio rosaleiro, acaba de doar 2.000 máscaras cirúrxicas ao Concello. Trátase de máscaras dun so uso que teñen función preventiva que cun uso correcto permite evitar que a persoa que a leva posta poida contaxiar á xente da súa contorna.

O Concello da Guarda solicita a Portos de Galicia e Costas do Estado a anulación da taxa de terrazas do ano 2020

O concello da Guarda aprobou, no pleno extraordinario celebrado o 5 de maio, unha modificación da ordenanza fiscal de ocupación por terrazas. A nova redacción conleva a anulación da taxa por mesas e cadeiras en solo de competencia municipal polo que agora o Concello pide a Portos de Galicia e Costas do Estado, que adopten a mesma medida no sólo que lle é da súa competencia.

‘Nigrán coa infancia’, campaña de visibilización de todas as familias responsables que saen a pasear cos seus fillos e fillas

O Concello de Nigrán lanza novamente unha campaña propia centrada nas crianzas do municipio baixo o lema ‘Nigran Coa Infancia’ para visibilizar entre toda a sociedade os paseos responsables que se están a realizar desde o sábado pasado no municipio. Deste xeito, pide as familias que envíen imaxes das súas saídas con menores de 14 anos a [email protected] ou por privado ao Facebook do Concello ou que as etiqueten en redes baixo o hashtag #NigranCoaInfancia.