11.8 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeUltimas Noticias'Nigrán coa infancia', campaña de visibilización de todas as familias responsables que...

    ‘Nigrán coa infancia’, campaña de visibilización de todas as familias responsables que saen a pasear cos seus fillos e fillas

    O Goberno local insta a enviar imaxes dos paseos con crianzas a comunicacion@nigra.org, ao Facebook Concello De Nigrán ou a etiquetalas baixo o hashtag #NigranCoaInfancia

    O Concello de Nigrán lanza novamente unha campaña propia centrada nas crianzas do municipio baixo o lema ‘Nigran Coa Infancia’ para visibilizar entre toda a sociedade os paseos responsables que se están a realizar desde o sábado pasado no municipio. Deste xeito, pide as familias que envíen imaxes das súas saídas con menores de 14 anos a comunicacion@nigran.org ou por privado ao Facebook do Concello ou que as etiqueten en redes baixo o hashtag #NigranCoaInfancia. O obxectivo é trasmitir optimismo, dar exemplo a todos, e defender ao mesmo tempo os dereitos dos nenos e nenas.

    “Os paseos están a ser exemplares desde o primeiro día, a realidade é que as familias de Nigrán sempre cumpriron, eso é o que queremos trasladar unha vez máis: Paciencia, cariño e calma”, sinala o alcalde de Nigán, quen tomou a decisión de abrir areais e espazos verdes desde o día un para que, precisamente, estas saídas se poidan realizar gardando a distancia social requirida. “O certo é que o sábado pasado circularon por toda España 3 ou 4 imaxes lamentables dalgún lugar costeiro de non se sabe onde e enseguida se contaxiou o pesimismo e a división, xeralizandose unha idea que, polo menos no caso de Nigán, é falsa: aquí as familias están a cumprir escrupulosamente, cinguíndose a 1 km da súa casa e seguindo todas as recomendacións, e queremos que se vexa e que se recoñeza o ben que o están a facer todos. É necesario reforzar o bo comportamento, dá confianza e seguridade”.

    O Concello de Nigrán conta con 2.675 menores de idade e, deles, 2.186 teñen menos de 14 anos ou 14, colectivo infantil ao que se dirixe novamente esta campaña por seren os que contempla a lei para realizar paseos dunha hora (ao inicio do confinamento o Concello lanzou o lema ‘Paciencia, Cariño e Calma’ pedindo as crianzas que o escribiran xunto ao debuxo dun corazón para pegalo despois no balcón ou xanelas).

    “Os nenos e nenas desapareceron por completo das rúas 40 días, non saíron a comprar, traballar, ou pasear ao can, foron os máis castigados do confinamento e seguen a ser o mellor exemplo para os adultos, por iso queremos que agora sexan visibles nos seus paseos”, sinala o alcalde, Juan González, quen fai un especial chamamento ao respecto, “non pre-xulguemos nada desde o balcón e sexamos os adultos un exemplo positivo para todos os nenos”

    Paralelamente, o Concello de Nigrán manterá para os pequenos e ancianos a celebración dos ‘aniversarios de balcón’ ata o día 11 de maio, “a partir desta data recuperamos un chisco da normalidade e os nenos, se todo vai ben, xa se poderán reunir con familiares”. Ademais, segue en activo a canle de Youtube do Concello de Nigrán adicada a ofrecer contido de entretemento a cargo de animadores e artistas do municipio.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.