Luns, 5 Maio de 2025

Ultimas Noticias

Mondariz estrea un parque infantil cuberto e recupera o local social de Tourón cunha achega de 70.000 euros da Deputación

Mondariz vén de transformar dous espazos moi relevantes a súa veciñanza ao abeiro do Plan Concellos. Cun investimento total de 70.774 euros, a institución provincial deu un impulso aos servizos que ofrece o concello do Condado coa construción dun parque infantil cuberto e a instalación do tellado no local social de Toutón.

Arbo xa ten cartel anunciador da LXI Festa da Lamprea

Aromas de Arbo, do artista navarro Maximiliano Cosatti, proclamouse gañador do concurso de Carteis da Festa da Lamprea, un certamen que contou 30 propostas chegadas dende Sevilla, Murcia, Lleida, Ciudad Real, Jaén, Navarra e dende diversos lugares de Galicia. Os traballos foron valorados por un xurado integrado por profesionais da imaxe, da hostalaría, representantes de asociacións culturais de Arbo.... que valoraron a calidade técnica, a orixinalidade, a innovación do deseño e a facilidade de identificar e transmitir os sinais de identidade de Arbo.

‘Por un Monte Galego con Futuro’ reclama da fiscalía a apertura de dilixencias polos lumes forestais en Reservas da Biosfera e Rede Natura

A plataforma 'Por un Monte Galego con Futuro', formada por máis de 50 entidades, vén de se dirixir á Fiscalía de Medio Ambiente e Urbanismo de Galiza para solicitar que se practiquen “as dilixencias oportunas e necesarias” para clarexar o acontecido nos incendios forestais producidos nos últimos meses e que afectaron a zonas integradas na Rede Natura 2000 ou Reservas da Biosfera.

As celebracións polo Día do Libro na Guarda continúan cun mural participativo e con agasallos pola compra de libros

As actividades que se están a celebrar con motivo do Día do Libro na Guarda, están a obter un interesante seguimento por parte da cidadanía sendo bastantes os veciños que xa se achegaron ata algunha das tres gamelas con libros e recolleron o seu exemplar.

Galicia rexistra un total de 2.811 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.811, deles 681 son da área da Coruña, 207 da de Lugo, 245 da de Ourense, 452 da de Pontevedra, 760 da área de Vigo, 361 da de Santiago e 105 da de Ferrol.

Galicia rexistra un total de 2.763 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.763, deles 689 son da área da Coruña, 203 da de Lugo, 235 da de Ourense, 440 da de Pontevedra, 734 da área de Vigo, 355 da de Santiago e 107 da de Ferrol.

Galicia rexistra un total de 2.767 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.767, deles 677 son da área da Coruña, 205 da de Lugo, 226 da de Ourense, 448 da de Pontevedra, 732 da área de Vigo, 370 da de Santiago e 109 da de Ferrol.

SmartPepe pon en marcha esta semana outros catro obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre como utilizar Instagram para promover unha empresa, como xestionar e comercializar vivendas e apartamentos turísticos, falarase de Blockchain: unha tecnoloxía que pode cambiar o mundo, e de como crear unha páxina profesional con WordPress.

Galicia rexistra un total de 2.439 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.439, deles 602 son da área da Coruña, 176 da de Lugo, 205 da de Ourense, 375 da de Pontevedra, 625 da área de Vigo, 363 da de Santiago e 93 da de Ferrol.

A Deputación aproba o proxecto de mellora da mobilidade peonil no barrio da estación de Arbo

A Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde en Xunta de Goberno á mellora da mobilidade peonil na intersección das EP-5202 e EP-5203, no barrio do ferrocarril do concello de Arbo. Con esta actuación, que ten un orzamento de 663.200 euros, o ente provincial dá resposta a unha demanda histórica da veciñanza.

Neste mes comezarán as catas para o proxecto de supresión do paso a nivel do Porriño

A alcaldesa do Concello do Porriño, Eva Garcia de la Torre, autorizou esta pasada semana á empresa GOC, Consultoría e Ingeniería a executar as...

As obras da nova Biblioteca de Nigrán entran na recta final e consolidan á Deputación como institución que “constrúe cultura”

A Deputación de Pontevedra consolídase como a gran promotora das infraestruturas culturais na provincia. A nova biblioteca de Nigrán, unha actuación que supuxo o investimento de 1.849.525 euros no marco do Plan de Reequilibrio, é o último equipamento cultural que a institución provincial fai posible e que entrará en funcionamento a finais deste mes de abril. O deputado de Cooperación, Santos Héctor, visitou hoxe as obras acompañado do alcalde, Juan González e da deputada, e tamén concelleira nigranesa, Raquel Giráldez.