Venres, 2 Maio de 2025

Ultimas Noticias

A Plataforma Defende Mos organizará manifestacións contra o a autovía en túnel Vigo-Porriño

A alcaldesa e concelleiros das parroquias de Sanguiñeda, Petelos e Tameiga reuníronse con representantes veciñais das tres parroquias

Concello de Mos e Medio Rural acordan colaborar nas vindeiras Xornadas Micolóxicas e Forestais do municipio

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse en Santiago de Compostela coa conselleira de Medio Rural, María José Gómez nunha xuntanza na que, entre outras cousas, acordouse a colaboración autonómica na organización das vindeiras Xornadas Mocolóxicas e Forestais do Concello de Mos, que se celebran cada outono.

Luis López reafirma o compromiso da Deputación co galego nun encontro co presidente da Real Academia Galega

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reforzou os lazos que unen ao organismo provincial coa Real Academia Galega nun encontro institucional co presidente Víctor Freixanes; e a tesoureira, Fina Casalderrei. A reunión serviu para abordar asuntos de interese mutuo e coñecer os proxectos que a RAG ten en marcha e os seus principais retos de futuro.

Salvaterra Milenaria contará este ano cun mercado e actividades no recinto amurallado

O vindeiro 24 de maio Salvaterra de Miño celebra os máis de mil anos de historia xa que o primeiro documento escrito que fai referencia a esta localidade foi asinado o 24 de maio do ano 991.

O PSOE tomiñés denuncia a “inacción” do Goberno municipal ante a praga de moscas

Tomiño está a sufrir unha nova explosión de praga de moscas e, unha vez máis, a veciñanza síntese abandoada e reclama solucións xa. O PsdeG-PSOE lembra que leva "dende o primeiro momento" preocupándose, denunciando, preguntando, reuníndose con afectados, presentando mocións ao Pleno e iniciativas ó Parlamento de Galicia, iniciativas que, afirman, "foron vetadas e que acarrexaron intimidacións ás Concelleiras socialistas no seu día". "É tal a desesperación que moitos veciños e veciñas están prantexándose pechar os seus negocios e marchar do municipio", afirman as concelleiras socialistas no Concello de Tomiño.

Baiona, Nigrán e Gondomar celebran un ano máis a Festa da Bicicleta do Val Miñor

O Concello de Baiona acolleu onte a presentación da 34ª edición da Festa da Bicicleta do Val Miñor, que se celebrará o 17 de maio, Día das Letras Galegas. Ao acto de presentación acudiron os alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, que exerceu de anfitrión –xa que esta edición será organizada pola administración local baionesa–; o alcalde de Gondomar e actual presidente da Mancomunidade do Val Miñor, Paco Ferreira; Ana Iglesias concelleira de deportes de Baiona e condutora do acto de presentación; Sara Penedo, concelleira Deportes de Nigrán, e Nuria Lameiro concelleira de Gondomar

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión das faixas secundarias de biomasa

-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias...

Luis López confirma a colaboración con Down Pontevedra Xuntos como mostra do compromiso da Deputación pola inclusión social

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, amosou o apoio da Deputación ao labor da asociación Down Xuntos Pontevedra durante unha visita á sede desta entidade na rúa Gorgullón de Pontevedra. Acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e a deputada de Igualdade e Benestar Social, Sandra Bastos, Luis López confirmou a concesión dunha axuda a este colectivo para levar a cabo o proxecto 'Reforzo da Linguaxe Oral. Área Vida Adulta'.

Concello e Club Natación Mos presentan o XI Campionato de Natación Escolar Val da Louriña

A Piscina Municipal do Pavillón 'Óscar Pereiro' de Mos acolleu a presentación da décimo primeira edición do Campionato de Natación Escolar 'Val da Louriña', un acto que contou coa presenza da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o presidente do Club Natación Mos, Adrián Trillo; a concelleira de Deportes, Feli Rodríguez e os monitores deportivos da Piscina Municipal, Lorena, Salva e Nacho.

‘As nosas Conquistadoras’ homenaxea a mulleres destacadas das parroquias redondelás de Trasmañó e Quintela

A iniciativa ‘As nosas Conquistadoras’ ten por obxecto homenaxear a mulleresde Redondela que exemplifican a importancia daparticipación da muller na sociedade. Nace dentro do programa do 8M do municipio para estender a loita pola igualdade máis alá da celebración dun só día.

O GDR Condado Paradanta salienta o papel das mulleres como motor económico e social

O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional das Mulleres, que foi adoptado pola Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas o 16 de decembro de 1977, co obxectivo de eliminar toda forma de discriminación hacia as mulleres, promover o seu empoderamento e conseguir a súa plena participación na sociedade. Consciente da necesidade de reinvindicar o importante papel que sempre desempeñou a muller no mundo rural o GDR Condado Paradanta contempla na súa estratexia de desenvolvemento “Reverdecendo Condado Paradanta” o apoio de iniciativas que visibilicen ás mulleres e dos proxectos que promovan a súa participación e inserción laboral.

A calidade de vida e unha conciencia sostible, puntos fortes para deseñar o Plan de Acción Local da Axenda 2030 do Rosal

O Concello presentou a tecido asociativo e veciñanza a diagnose do municipio, para a que se recadou información de case 400 enquisas e numerosos grupos de traballo