A Xunta de Galicia recibiu, no día de hoxe, un total de 57.330 doses da vacina de Pfizer e 3.220 da de Moderna. Da vacina de AstraZeneca non se recibiu ningunha dose. Esta semana, a Xunta de Galicia continuará coa vacinación das persoas de 80 e máis anos e de colectivos profesionais e persoas de profesións consideradas esenciais ata os 65 anos de idade. Continuarase, tamén, coa vacinación de grandes dependentes.
A campaña de reforzo para a mellora do cumprimento das medidas sanitarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola covid, posta en marcha nos mes de febreiro pola Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, xa leva realizadas, ata o 21 de marzo, preto de 9.000 visitas a establecementos.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra vén de alertar da subida de rexistros de actividade das eirugas hibernantes da bolboreta do buxo (Cydalima perspectalis) e da importancia de facer máis intensiva a vixilancia ou mesmo iniciar o tratamento para facer fronte á súa expansión.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acudiu onte á xuntanza co presidente da Xunta cunha proposta de acordo en torno a 12 eixos para enfrontar “os grandes retos do país” e encarar a reconstrución. “A nosa proposta non vai de cheques en branco, vai de compromiso con Galicia”, subliñou. “O primeiro que lle transmitín ao presidente é a nosa vontade de colaboración”, manifestou o líder do PSdeG, na liña da “vontade construtiva e propositiva” que xa avanzara de cara a esta xuntanza.
A Xunta abriu onte o prazo dun mes para solicitar as axudas á creación escénica cun orzamento de 800.000 euros. A iniciativa, cuxa convocatoria publica o Diario Oficial de Galicia, vai dirixida ás compañías que se dedican de xeito profesional á produción de actividade escénica e desenvolven a meirande parte do seu traballo na nosa Comunidade.
A Deputación de Pontevedra súmase este sábado 27 de marzo, entre 20:30 e 21:30 horas, á “Hora do Planeta”, unha acción que naceu fai catorce anos e que foi promovida pola organización WWF en prol da defensa da natureza e do medio ambiente.
A Concellería de Vías e Obras do Concello do Porriño vén de informar que o pavimentado da rotonda da Avenida Principal-Rúa Arousa do polígono industrial A Granxa realizaranse entre a tarde deste venres 26 e ao longo do sábado 27, buscando o menor impacto no tráfico do vehículo.
“Non se pode ser profesional sen recursos”. Así se manifestou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, na recepción na sede provincial de Vigo ás representantes das xogadoras e dirixentes dos clubs de elite femininos da provincia, o balonmán Atlético Guardés , o Balonmán Porriño e o de fútbol sala Poio Pescamar. No acto, ao que tamén asistiu o deputado de Deportes, Gorka Gómez, participaron as capitanas do Guardés, Lorena Pérez, e do Balonmán Porriño, Sarai Sanmartín, así como a xogadora Lucía Gómez do Poio Pescamar, acompañadas dos presidentes dos clubs.
A directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo, informou hoxe, no Parlamento de Galicia, que Galicia dispón de técnicas PCR para a determinación indirecta das novas variantes e de capacidade de secuenciación xenómica.
Separar en orixe e recoller de maneira diferenciada todas as fraccións do lixo, bonificar o recibo á cidadanía que cumpra coas reglas, e graduar as taxas das actividades económicas en función do volumen de residuos que xeran e da súa capacidade económica. Eses son os tres piares sobre os que a Deputación quere que os concellos da provincia baseen os seus sistemas de xestión do lixo municipal e dean un “salto adiante” tanto no cumprimento da normativa europea, estatal e galega, como no coidado do medio ambiente.
Todo un espectáculo visual e musical no que o sector turístico da provincia de Pontevedra foi o verdadeiro protagonista. A Gala Provincial do Turismo da Deputación regresou esta tarde ao Auditorio Mar de Vigo cunha vangardista cerimonia na que se viviron momentos especiais de principio a fin. Os “Momentos Rías Baixas” son o eixo da campaña 2021 da Deputación, e a actriz Celia Freijeiro encargouse de levar ao público por unha viaxe case onírica pola provincia a través de instantes únicos, lugares máxicos e pequenas e grandes experiencias.
“Hoxe queremos reivindicar ás grandes mulleres do deporte que temos nesta provincia, que tantas alegrías nos dan e que son unha referencia para todas e todos”, asegurou Carmela Silva no lanzamento do audiovisual 'A realidade das mulleres deportistas', unha peza realizada pola Deputación de Pontevedra, enmarcada na programación de actos ao abeiro do 8 de marzo baixo o lema 'Reivindicando desde o Deporte', co obxectivo de enxalzar os seus logros e denunciar as discriminacións que, como en todos os eidos, sofren tamén as mulleres.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.