8.5 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA rotonda do Avenida Principal do polígono A Granxa, no Porriño, pavimentarse...

    A rotonda do Avenida Principal do polígono A Granxa, no Porriño, pavimentarse entre a tarde do venres e o sábado para non afectar ao tráfico

    A Concellería de Vías e Obras do Concello do Porriño vén de informar que o pavimentado da rotonda da Avenida Principal-Rúa Arousa do polígono industrial A Granxa realizaranse entre a tarde deste venres 26 e ao longo do sábado 27, buscando o menor impacto no tráfico do vehículo.

    Lourdes Moure, concelleira responsable, sinalou que a empresa que levará a cabo a pavimentación, a firma “Naturgalia”, informoulle que o fresado da rotonda comezará a partir das catro da tarde deste venres e que a Policía Local xa foi notificada para regular o tráfico.

    Do mesmo xeito, Moure tamén comunicou a execución das obras á Entidade Urbanística de Conservación do polígono de A Granxa cumprindo un compromiso adquirido polo Concello. Esta rotonda rexistra a diario aforos de tráfico de milleiros de vehículos, especialmente tráfico pesado. Os traballos desenvolvense con fondos do plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.