Luns, 7 Xullo de 2025

É Noticia

A Deputación, a través do Plan Concellos, fai achegas a Ponteareas e Salvaterra de Miño

O Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este venres novas achegas por importe de máis de 710.000 euros ao abeiro do Plan Concellos 2021, que beneficiarán a un total de 17 municipios da provincia.

A Deputación destinará 850.000 € para os 90 clubs deportivos da provincia que compiten a nivel nacional

A Deputación aprobará este venres na Xunta de Goberno as axudas para os clubs deportivos federados que compiten no ámbito nacional, que destinarán 850.000 € entre 90 entidades de atletismo, baloncesto, balonmán, ciclismo, fútbol sala, fútbol, rugby, tenis de mesa, voleibol, judo e outras modalidades deportivas asentadas en 24 concellos da provincia. Este ano as achegas incrementáronse en 75.000 € con respecto ao ano pasado, un 9,7% máis, e beneficiaranse delas nove clubs máis que no 2020.

O II Ciclo “Aida Fernández Ríos” arranca o xoves con dúas charlas centradas na contaminación por microplásticos

A Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias inician este xoves a segunda edición do “Ciclo Aida Fernández Ríos”, destinado a seguir achegando á cidadanía a importancia da ciencia, mediante dez relatorios ata o mes de xullo, en formato webinario ou semipresencial, e desde setembro con cinco charlas que se desenvolverán en centros educativos da provincia.

A Deputación abre o prazo para solicitar a obtención ou renovación das categorías deportivas Depo-Dan e Depo-Promesa

Trala súa publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia, a Deputación de Pontevedra abre este martes, 27 de abril, o prazo para solicitar a obtención ou renovación da categoría de Deportista de Alto Nivel (DEPO-DAN) e Deportista Promesa (DEPO-PROMESA) da provincia, primeiro paso para obter as bolsas deportivas da institución, ás que este ano se destinan 325.000 euros, orzamento no que tamén se inclúen as axudas a deportistas olímpicos/as.

O AECT Río Miño lamenta o silencio do primeiro ministro portugués sobre a apertura da fronteira na súa visita de hoxe á zona miñota

O vicedirector do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial AECT Río Miño, Uxío Benítez, lamentou hoxe que o primeiro ministro de Portugal, Antonio Costa, visitase hoxe o territorio do Miño para anunciar o tren eléctrico entre Valença e Lisboa e non anunciase a apertura da fronteira nin as necesarias compensacións polo dano económico que está a causar o peche a persoas traballadoras e empresas dunha e doutra beira.

A Deputación de Pontevedra aprobará o venres o II Plan Estratéxico Provincial de Turismo

O goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este próximo venres o II Plan Estratéxico Provincial de Turismo tras ser validado pola Mesa de Turismo celebrada hoxe. Trátase dun documento marco, de máis de 280 páxinas, que representa a folla de ruta da xestión turística da provincia para os vindeiros tres anos, no que se asentan as bases para a reactivación do sector turístico no destino Rías Baixas e que ten prevista a mobilización de en torno aos 20 millóns de euros.

A Triple Corona Illas Atlánticas abre as inscricións da terceira proba de natación

A organización da proba de natación da Triple Corona Illas Atlánticas abre hoxe luns as inscricións da terceira travesía a nado entre a illa de Ons e Combarro (Poio), de 23 km de distancia, que está previsto que se celebre o 4 de setembro en augas da ría de Pontevedra se a situación sanitaria permíteo

SmartPeme pon en marcha esta prócima semana outros cinco obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.

A Deputación lanza nova imaxe para o proxecto ‘A Maleta dos Océanos’

A Deputación vén de lanzar nova imaxe para o proxecto “A maleta dos océanos”, a iniciativa que recompila recursos educativos abertos centrados no papel das mulleres na sustentabilidade do mar, que foi desenvolvida en colaboración co equipo da Universidade de Vigo que dirixe a profesora Mari Lires.

A Deputación acada a acreditación de calidade Erasmus na FP que lle permite seguir avanzando no programa ‘Practicum Depo’

A Deputación de Pontevedra acaba de ser recoñecida cunha Acreditación Erasmus no ámbito da educación na Formación Profesional, que concede Erasmus+ da Unión Europea e que facilita ter acceso simplificado ás oportunidades de financiamento deste programa de mobilidade desde este ano e ata 2027, de xeito que permitirá á institución provincial seguir avanzando no seu proxecto 'Practicum Depo' coa posibilidade de establecer unha estratexia propia a largo prazo.

Cinco familias galegas adhírense á querela arxentina contra o franquismo para reclamar, unha vez máis, verdade, xustiza e reparación

Novo paso adiante na reclamación de “verdade, xustiza e reparación” polos crimes do franquismo. Hoxe xoves as familias de cinco vitimas galegas presentaron formalmente no Consulado Arxentino en Vigo a documentación para adherirse á ‘Querela arxentina’, a causa na que a xuíza Servini está a xulgar os delitos de lesa humanidade cometidos tralo golpe de Estado de 18 de xullo de 1936 ata ben entrada a Transición.

A Deputación facilitará especies vexetais desde Areeiro para plantar nos xardíns públicos da provincia

No marco da súa firme aposta pola defensa medioambiental, a Deputación de Pontevedra vai doar especies vexetais da Estación Fitopatolóxica de Areeiro para a súa plantación en xardíns públicos da provincia, co obxectivo de “enriquecer a diversidade botánica e o patrimonio vexetal, amais de mellorar o espazo público”, como destacou hoxe a presidenta, Carmela Silva.