12 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación acada a acreditación de calidade Erasmus na FP que lle...

    A Deputación acada a acreditación de calidade Erasmus na FP que lle permite seguir avanzando no programa ‘Practicum Depo’

    A institución provincial logrou unha puntuación de 83 puntos sobre 100 nesta avaliación que recoñece a alta calidade deste proxecto de mobilidade para estudantes e docentes e é unha das 25 entidades públicas locais españolas que resultaron beneficiadas

    A Deputación de Pontevedra acaba de ser recoñecida cunha Acreditación Erasmus no ámbito da educación na Formación Profesional, que concede Erasmus+ da Unión Europea e que facilita ter acceso simplificado ás oportunidades de financiamento deste programa de mobilidade desde este ano e ata 2027, de xeito que permitirá á institución provincial seguir avanzando no seu proxecto ‘Practicum Depo’ coa posibilidade de establecer unha estratexia propia a largo prazo.

    A institución é unha das 370 entidades beneficiarias desta acreditación de alta calidade, á que se presentaron un total de 879 candidaturas, a maioría procedentes de España. E logrouna cunha alta puntuación de 83 puntos sobre un total de 100, converténdose nunha das 25 entidades locais públicas que a acadaron. A acreditación confirma que o plan programado pola Deputación establece actividades de mobilidade de alta calidade para mellorar a oferta de educación e formación, xa que os distintos proxectos presentados foron avaliados en base a criterios de relevancia, obxectivos a acadar, actividades a desenvolver e á capacidade de xestión dos futuros proxectos.

    O programa Practicum Depo da Deputación permite que graduadas e graduados en ciclos medios de Formación Profesional poidan realizar prácticas laborais en empresas e institucións europeas para facilitar así a súa inserción profesional. Neste momento están en marcha as mobilidades do Practicum Depo 2019 e o 2020. No primeiro caso, a institución provincial aprobou o pasado mes de marzo novos recursos, de ata 90.332 euros, para desenvolver a sétima mobilidade, pola que 13 estudantes xa están completando a súa formación en Portugal, Italia e Malta. Así, neste momento están a participar en Practicum Depo 2019 34 alumnas/os e docentes e está previsto que sexan 102 as persoas que completen a súa formación no estranxeiro, polo que haberá dúas novas saídas cara países da Unión Europea que comezarán en xuño e en setembro. E, no que atinxe ao Practicum Depo 2020, están a participar 10 persoas das 121 que o farán ata maio de 2022.

    Dende a posta en marcha do programa Practicum Depo, no ano 2015, investíronse xa preto de cinco millóns de euros nesta iniciativa, dos cales o SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación) achega 4,18 millóns de euros e a Deputación máis de 820.000 euros. Ao longo destes anos 462 persoas, entre profesorado e alumnado, beneficiáronse deste programa.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.