O profesor de Estudos Transfronteirizos da Universidade de Arizona Francisco Lara-Valencia cualificou o AECT Río Miño "como un exemplo de como se deben defender os territorios transfronteirizos a nivel global". Fíxoo na mesa redonda ‘O impacto da COVID-19 na fronteira España-Portugal’ celebrada onte dentro do proxecto ‘A reconfiguración das fronteiras no século XXI’, organizada polo Colegio da Frontera Norte de México con emisión online para todo o Pacífico, América central e España.
O PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra celebrou o seu Comité Provincial, máximo órgano de Congresos, nun acto que tivo lugar nos xardíns da UNED en Pontevedra. As e os socialistas da provincia convertéronse así nos primeiros de Galicia en reunirse presencialmente este ano e comezaron, deste xeito, a preparación das próximas Eleccións Municipais a un ano e medio vista. O obxectivo é reeditar o éxito de 2019, cando as candidaturas socialistas acadaron case 200.000 votos e 23 alcaldías.
“Con todas as cautelas ante os múltiples factores que poderían interferir nas previsións, pero con moito optimismo ante o que parece a día de hoxe a recuperación do turismo na provincia de Pontevedra”.
A rede de fibra óptica avanza no rural da provincia de Pontevedra ao ritmo que marcan as subvencións do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital co Plan Estatal de Banda Ancha Galicia (PEBANGA). A última convocatoria repartiu o pasado mes de marzo 13 millóns de euros que permitiron levar o servizo a 5.552 fogares pontevedreses. Mentres tanto, as axudas da Xunta canalizadas a través da Axencia para a Modernización Dixital (AMTEGA), resultan escasas e opacas, pois a Xunta non ofrece datos dos seus resultados.
Baixo o lema “Aviventa o Deporte” a Deputación de Pontevedra segue a impulsar a práctica deportiva como un dos seus eixos fundamentais de actuación. A presidenta Carmela Silva desvelou hoxe a programación deportiva e sustentable que o ente provincial ten preparada para os vindeiros meses cunha chea de actividades.
Unha xornada técnica sobre a estratexia transfronteiriza da xestión dos RAEE (residuos eléctricos e electrónicos), serviu hoxe para pechar os programas e actividades do Proxecto ESTRAEE que, desde 2017, liderou a Deputación de Pontevedra, xunto a socios españois e portugueses como Lipor, para poñer en marcha un sistema de recollida e tratamento do lixo electrónico.
A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo poñen en marcha, a través da web da Cátedra de Feminismos 4.0, o Observatorio de Machismo Dixital Stop Machitroles, que permitirá analizar distintos tipos de violencias machistas no eido de Internet e as redes sociais. Esta é unha das novidades da terceira edición da Cátedra, que presentaron este mércores a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, na sede viguesa da Deputación.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, lamentou, esta tarde no Parlamento de Galicia, a "dobre vara de medir" empregada polo Goberno central á hora de aceptar as modificacións propostas polas comunidades autónomas, de cara a modificar os textos das súas leis sanitarias, para optimizar a xestión da crise sanitaria.
Un total de 9 de cada 10 multas en materia de tráfico e seguridade viaria interpostas pola Policía Local dos 32 concellos da provincia que teñen delegada a tramitación e a recadación ao ORAL se pagan durante o período voluntario.
O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial AECT Río Miño vai formar parte dunha rede estable de traballo e intercambio de experiencias xunto a entidades transfronteirizas similares de concas de grandes ríos europeos e latinoamericanos.
Trala súa excepcional acollida durante este mes de xuño, a Deputación de Pontevedra abre este luns 21 de xuño o prazo de inscrición para as catorce rutas do programa Bosques Terapéuticos que se desenvolverán no mes de xullo por nove espazos naturais da provincia.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana seis novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.