Luns, 7 Xullo de 2025

É Noticia

O Goberno rinde contas dos seis anos na Deputación “nos que se transformou a provincia”

”Seis anos dunha gran transformación da provincia con máis servizos, máis equidade e máis dereitos”. Baixo estes parámetros o goberno de Carmela Silva fixo balance este venres, no ecuador do segundo mandato, dos seis anos ao fronte da Deputación de Pontevedra. Nun acto celebrado na explanada de Montero Ríos fronte ao Pazo Provincial, ao que asistiron alcaldes e alcaldesas dos concellos da provincia, amais de colectivos e representacións de diferentes sectores, a presidenta e o vicepresidente da institución renderon contas dos seis anos transcorridos no goberno

A Estación Fitopatolóxica Areeiro aconsella manter a vixianza ante o mildio

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que aconsella manter a vixianza ante o mildio. Na observación levada a cabo esta semana, observouse que un 40 % das viñas tiña mildio larvado, aínda que se trata de focos illados, polo que recomenda renovar os tratamentos e realizar unha vixilancia periódica das viñas. Do mesmo xeito, dende Areeiro recomendan labores culturais de aireación dos acios incluíndo as esfollas..

A Xunta amplía a cuantía dos incentivos para a compra de taxis adaptados e de baixas emisións

A Xunta amplía ata os 650.000 euros os incentivos á compra de taxis adaptados e de baixas emisións tras incrementar as axudas en 300.000 euros.

Aberto o prazo para que os mellores deportistas soliciten as bolsas DepoDan e DepoPromesa

Desde onte xoves os mellores deportistas da provincia xa poden solicitar as bolsas DepoDan e DepoPromesa, axudas que a Deputación de Pontevedra distribuirá entre un total de 219 mulleres e homes.

O ORAL da Deputación anima aos concellos para que impulsen a Axenda 2030

O ORAL da Deputación de Pontevedra celebrou a súa terceira xuntanza de coordinación e formación dende o comezo da pandemia para presentar un estudo pioneiro que enlaza as políticas fiscais municipais co impulso ao cumprimento dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) recollidos na Axenda 2030 da ONU.

A exposición Novos Valores 2021 abre as súas portas no Museo de Pontevedra

A exposición ‘Novos Valores 2021. Obra seleccionada’ está aberta dende hoxe no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra coas 14 mellores pezas escollidas polo xurado profesional desta edición.

Carmela Silva mantén unha reunión coa directiva da Asociación de Vivendas Turísticas

A provincia de Pontevedra e Galicia non poden perder a oportunidade como destino seguro, sostible e non masificado que ten acadado no actual contexto de pandemia. E ten que facelo coa “unión”, con traballar conxuntamente e coa aposta firme pola “dixitalización operativa” de todo o conxunto do sector.

A Deputación colabora con ‘Xoga’ para o servizo de intérpretes de lingua de signos na provincia

A Deputación de Pontevedra volve a colaborar coa Organización de Diversidade Sensorial de Galicia, Xoga, cunha achega de 10.000 euros para a posta en marcha do 'Servizo de Intérpretes e Guía-Intérpretes de Lingua de Signos da provincia de Pontevedra', unha iniciativa da que estanse a beneficiar en torno a 300 persoas de 44 concellos.

A Deputación amosa o seu compromiso á AECC cunha achega de 15.000 €

A deputada provincial, Olga García, vén de visitar a sede provincial da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) coa que a Deputación colabora este ano cunha achega de 15.000 € para a posta en marcha do Programa de Atención Bio-Psico-Social.

Carmela Silva reivindica a necesidade de situar á axenda feminista “no centro do debate público e da acción política”

Ante un auditorio virtual e presencial de máis de medio centenar de persoas e a presenza do director do Campus Noroeste da UNED, Víctor González, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, impartiu na tarde de onte o relatorio inaugural do curso 'O silencio social, gran cómplice do machismo' desenvolvido baixo a coordinación de Jesús Pozo e a dirección de María Acracia Núñez.

A Deputación mantén a súa aposta pola mobilidade segura cun investimento de medio millón de euros en Salvaterra e Gondomar

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar un novo investimento de preto de medio millón de euros para desenvolver dúas obras de...

‘Pasaporte Condado Paradanta’ vantaxes especiais para as persoas usuarias e dinamización turística para as comarcas

Usuario da comarca do Condado Paradanta, ben sexa veciño ou turista asiduo, ese é o perfil da persoa á que vai dirixido o “Pasaporte ao Condado Paradanta” (PCP). Trátase dunha iniciativa singular é única en Galicia promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta, que permite acceder a unha coidada selección de 24 propostas exclusivas en empresas turísticas da zona.