Luns, 7 Xullo de 2025

É Noticia

A ‘Arqueoloxía en pandemia’, un ciclo para reivindicar o valor dunha profesión “moi valiosa para a toma de decisións”

Co gallo do Día Internacional da Arqueoloxía, que se celebra cada ano o 28 de xullo, a Deputación de Pontevedra e a Asociación Empresarial Galega de Arqueoloxía (AEGA) organizan 'Arqueoloxía en Pandemia', unhas xornadas nas que participarán profesionais e persoas investigadoras de toda Galicia.

A Deputación “agradece” ao PP que volva a pedir unhas obras de reparación nunha estrada provincial “que xa están adxudicadas”

A “denuncia” do PP sobre o afundimento nun lateral (fóra da calzada) da estrada provincial EP-4306, en Mondariz, "chega tarde", afirma a Deputación de Pontevedra. O deputado de Vías e Infraestruturas, Gregorio Agís, explica que a adxudicación dos traballos de reparación produciuse o pasado 12 deste mes de xullo, cun importe de 75.220 euros e as obras comezarán nos próximos días.

O Goberno da Deputación aproba máis de tres millóns de euros para outros trece municipios ao abeiro do Plan Concellos

Máis de tres millóns de euros chegarán a trece municipios da provincia grazas a novas achegas da liña 1 do Plan Concellos aprobadas na Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra. Os recursos irán destinados a Lalín, Moraña, Meaño, O Grove, Cambados, Marín, Mos, Gondomar, Baiona, Salvaterra de Miño, A Guarda, A Cañiza e Covelo para realizar investimentos que permitan “garantir dereitos e servizos nos concellos da provincia”, tal e como indicou Carmela Silva.

Areeiro aconsella manter a vixilancia ante os patóxenos da viña dadas as condicións meteorolóxicas

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que aconsella manter a vixilancia ante o mildio. Na observación levada a cabo esta semana apreciouse a aparición de síntomas abundantes deste patóxeno nas follas e, segundo informacións recibidas, tamén se percibiron síntomas de mildio larvado dos acios dalgúns predios, que nalgún caso chegaba a máis dun 25 % dos acios.

A Deputación constata grazas ao big data os bos resultados do turismo nas Rías Baixas

O destino Rías Baixas – Pontevedra Provincia conta cunha valoración moi positiva entre as e os internautas. A análise big data que está a facer a Deputación de Pontevedra para coñecer a percepción das usuarias e os usuarios das redes sociais e doutras plataformas dixitais constata unha óptima reputación do destino turístico.

A Deputación destina 80.000 euros para axudar ás escolas de música da provincia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde ás bases que rexerán a concesión de subvencións a escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro para este ano 2021. A institución provincial destina un orzamento total para estas achegas de 80.000 euros, e están dirixidas a subvencionar os gastos correntes e de persoal das escolas de música dependentes de asociación e fundacións radicadas na provincia que teñan entre os seus obxectivos a formación musical.

Areeiro aconsella renovar as intervencións nas viñas contra o oídio e o mildio

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que alerta que as condicións meteorolóxicas que se veñen dando dende a noite do sábado.

SmartPeme pon en marcha esta semana outros tres obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, da carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.

A Deputación abre o prazo de inscrición para as rutas de bosques terapéuticos e unha nova DepoAndaina

Tras o éxito que acadou a primeira DepoAndaina de este verán, que percorreu esta fin de semana a Vía Verde dos concellos de Caldas, Portas e Vilagarcía, a Deputación de Pontevedra abriu este luns o prazo para inscribirse nunha nova ruta que se adentrará nos Muíños de Golfaríz, no concello da Estrada, o domingo 1 de agosto.

César Mosquera, agasallado por sorpresa con motivo do seu 30º aniversario como deputado

O Goberno provincial fixo onte un recoñecemento ao vicepresidente, César Mosquera, que hoxe sábado, cumpre 30 anos como deputado provincial. Ao remate da sesión ordinaria da Xunta de Goberno foi agasallado por sorpresa cun pastel de nata e chocolate decorado cun sinal de limitación de velocidade a 30 Km/h e as correspondentes velas con esta mesma cifra.

A Deputación colabora, un ano máis, coa Fundación Érguete cunha achega de 10.000 euros para o proxecto ‘Érguete Emprega’

A deputada de Cohesión Social, Olga García, visitou o mércores as instalacións da Asociación Érguete Baixo Miño nas que se desenvolve o Proxecto 'Érguete Emprega',integrado no seu Programa de Inserción Socio Laboral 2021 para o que a Deputación de Pontevedra destina este ano 10.000 €.

A Deputación achega 40.000 euros para o Servizo de Atención Integral a persoas con diversidade funcional da provincia

A deputada de Cohesión Social, Olga García Ballesteros, e a deputada de Xuventude, Ana Laura Iglesias, veñen de visitar a sede de Cogami (Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Diversidade Funcional da provincia de Pontevedra) coa que a institución colabora cunha achega de 40.000 € para a posta en marcha do Servizo de atención integral a persoas con diversidade funcional da provincia.