8.3 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación abre a inscrición para a segunda Depo Orienta que percorrerá...

    A Deputación abre a inscrición para a segunda Depo Orienta que percorrerá o monte do Acibal en Barro

    A cita terá lugar o último domingo de setembro e as persoas interesadas en asistir xa poden anotarse a través do sitio web da institución provincial

    As persoas amantes do deporte sustentable, a natureza e a orientación xa poden inscribirse na segunda das rutas do programa ‘Depo Orienta’ da Deputación de Pontevedra, que realizarase o domingo 26 de setembro no Monte do Acibal en Barro. Trátase da segunda das saídas deste programa provincial de orientación tras a excepcional acollida da primeira actividade celebrada o pasado domingo no Monte do Galiñeiro (Gondomar), cun éxito de participación rotundo.

    O prazo de inscrición desta nova actividade xa está aberto e pode realizarse no sitio web da Deputación de Pontevedra (www.depo.gal) ata o luns 20 de setembro ou ata esgotar as 200 prazas dispoñibles, momento no que as persoas interesadas pasarán a estar en lista de agarda.

    ‘Depo Orienta’ finalizará o 10 de outubro cunha cita na desembocadura do río Umia (Cambados) na que, coma no resto de saídas, o obxectivo das persoas participantes será realizar no menor tempo posible un percorrido marcado no terreo por puntos de control e coa axuda dun mapa, que se lles entregará xunto co material preciso para a realización da actividade no punto de partida.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.