Luns, 7 Xullo de 2025

É Noticia

A Deputación pecha a quinta edición dos cursos de español para persoas inmigrantes

Co remate da acción formativa celebrada en Pontevedra, a Deputación vén de pechar este venres a quinta edición dos cursos de español para persoas inmigrantes, dirixidos a facilitar ás persoas de países non hispanofalantes a obtención do Diploma de Español Como Lingua Estranxeira (DELE A2), un requisito indispensable para que poidan logo acadar a nacionalidade española.

O Museo acolle unha mostra para reivindicar aos gaiteiros como exemplo do patrimonio do país

O Museo de Pontevedra acollerá ata o 28 de novembro a exposición ‘Gaiteiraos’, unha mostra que pretende reivindicar grandes figuras da gaita como exemplo do patrimonio inmaterial do país.

A Deputación rinde homenaxe ao deporte da provincia no Castelo de Soutomaior

Orgullo e recoñecemento por unha provincia que vive o deporte e por uns deportistas que están a darlle os maiores éxitos neste eido a Galicia.

Portugal “toma nota” do Revitaliza como modelo de xestión de residuos

Representantes de Zero Associaçao Sistema terrestre sustentable de Portugal, unha fundación sen ánimo de lucro que asesora aos municipios portugueses en materia de residuos, vén de realizar unha visita á provincia de Pontevedra para coñecer de primeira man o Plan Revitaliza de compostaxe.

Vialia Vigo, un concepto transformador para o sur da provincia

Vialia Estación de Vigo, o espazo que cambiará o concepto de cidade e que está chamado a converterse no centro neurálxico non só da propia cidade olívica senón de toda a súa contorna, amosou onte todos os seus secretos coa inauguración oficial das súas instalacións presidida polo alcalde Abel Caballero ao que acompañaban a secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Prado de Vera; a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o delegado do Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades, entre outras personalidades.

O Museo celebrará o Día da Arquitectura 2021 cunha grande montaxe fotográfica

O Museo de Pontevedra vai celebrar o Día Mundial da Arquitectura 2021 que se conmemora o primeiro luns de outubro cunha actividade na que pretende implicar a cativada da provincia: unha grande montaxe mural de fotografías de fogares que fagan reflexionar sobre a importancia do deseño das casas na calidade de vida da veciñanza.

A Deputación promove a formación das empresas navais galegas na Industria 4.0

A Deputación de Pontevedra vén de realizar a principal acción formativa prevista no Proxecto IN 4.0, que a institución lidera e no que participan entidades de Galicia, Euskadi, Portugal, Francia, Reino Unido e Irlanda co obxectivo de adaptar o sector da construción naval ao modelo de industria 4.0.

O ‘hábitat xogable’ nas cidades, tema central do vindeiro seminario da Facultade Ágora

O papel da infancia no espazo público e a importancia de considerar o xogo libre como indicador de calidade en vilas e cidades serán dous aspectos que se abordarán este venres nun novo seminario da Facultade Ágora titulado ‘O hábitat xogable’.

O Castelo de Soutomaior énchese coa forza das mulleres da música na gala “Descúbreas”

“Son muller, son invencible, son forte”. Os acordes e a letra do inesquecible himno de sororidade de Helen Reddy “I’m woman” soaron onte con forza na Explanada dos Plátanos do Castelo de Soutomaior

O Pazo Provincial tinguirase de verde pola concienciación sobre o desperdicio de alimentos

A Deputación de Pontevedra iluminará de verde o seu Pazo Provincial desde as 20:30 horas deste mércores 29 de setembro ata as 8:00 da mañá do xoves 20 ao abeiro do Día Internacional de Concienciación sobre a Perda e Desperdicio de Alimentos.

O documental ‘Acorda’ sobre a memoria histórica da provincia opta ao premio Xacobeo

O documental ‘Acorda. Cartografía Musical da Memoria Histórica de Pontevedra’, a peza audiovisual que pretende poñer en valor lugares e feitos de memoria na provincia a través da música producida polo departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, chegará este venres ao Ourense Film Festival con opcións a gañar o Premio Xacobeo á mellor produción galega.

A Deputación rende homenaxe ao sector do turismo cun showcooking “histórico”

Pasado e presente da gastronomía da provincia uníronse esta mañá no acto especial da Deputación de Pontevedra para celebrar o Día Internacional do Turismo.