19.9 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaO Museo celebrará o Día da Arquitectura 2021 cunha grande montaxe fotográfica

    O Museo celebrará o Día da Arquitectura 2021 cunha grande montaxe fotográfica

    Pídese a colaboración de cativada de entre 5 e 12 anos para tomar e enviar imaxes dos lugares que máis lles gustan dentro da súa casa

    Imaxe de arquivo de visitantes no Museo de Pontevedra / Rafa Estévez ©

    O Museo de Pontevedra vai celebrar o Día Mundial da Arquitectura 2021 que se conmemora o primeiro luns de outubro cunha actividade na que pretende implicar a cativada da provincia: unha grande montaxe mural de fotografías de fogares que fagan reflexionar sobre a importancia do deseño das casas na calidade de vida da veciñanza.

    Segundo lembra a equipa do Museo, o Día Mundial da Arquitectura é unha celebración que pretende achegar a arquitectura en todas as súas dimensións á cidadanía para facer una chamada de atención sobre unha disciplina que se percibe afastada da sociedade, polo que se desenvolven en todo o mundo distintas actividades conmemorativas en entidades culturais de todo tipo.

    O Museo de Pontevedra impulsa por este día unha actividade participativa para a cativada da provincia centrada na reflexión sobre o espazo doméstico, xa que as circunstancias vividas desde o 2020 levaron a moitas persoas a repensar os seus fogares e a caer na conta da importancia do espazo na calidade de vida da cidadanía.

    A través da mirada da cativada, e xunto a materiais e textos aportados polos equipos de deseño, construirase un gran ‘collage’ sobre o concepto de casa e fogar. Para iso, cada pequeno e pequena participante debe facer unha fotografía con dispositivo móbil ao espazo da súa casa onde máis lle guste estar e enviala ao correo contacto@tallerabierto.info. A imaxe deberá ir acompañada dun pequeno texto que explique as razóns da elección.

    Poderá participar na iniciativa rapazada de 5 a 12 anos, sempre coa autorización das persoas responsables, e remitir os envíos antes do 1 de outubro. A exposición que se creará coa mestura das imaxes poderase visitar no primeiro andar do Edificio Castelao do Museo entre o 5 e o 12 de outubro.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS