Martes, 8 Xullo de 2025

É Noticia

Sanidade convida a doar sangue e lembra que é preciso obter entre 400 e 500 doazóns diarias

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acudiu esta semana a doar sangue ata a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que visitou o Edificio administrativo da Consellería de Sanidade en San Lázaro.

A Deputación organiza un paseo imaxinario (ou non) pola obra de Xela Arias

A figura de Xela Arias segue a formar parte da programación cultural da Deputación de Pontevedra cun paseo imaxinario (ou non) pola obra da autora no Parque do Castro de Vigo a través da súa “Poesía Reunida” (1982-2004).

Alcaldesas e xornalistas pechan a primeira xornada do I Encontro Nacional de Políticas Públicas da #EscolaMaríaVinyals

A denuncia, a reivindicación e as iniciativas en favor da igualdade en diferentes concellos do estado protagonizaron as dúas mesas de debate coas que rematou esta tarde a primeira xornada do I Encontro Nacional de Políticas Públicas que, organizado pola Deputación, se celebra ata o mediodía do venres na Escola María Vinyals no Castelo de Soutomaior.

As políticas públicas estatais e autonómicas de igualdade no centro de debate na #EscolaMaríaVinyals

As políticas públicas nacionais e autonómicas foron analizadas durante as dúas primeiras mesas do I Encontro Nacional de Políticas Públicas nas que interviñeron Soledad Murillo, profesora de Socioloxía da Universidade de Salamanca e ex secretaria de Estado de Igualdade; Beatriz Gimeno, ex directora do Instituto das Mulleres; Izaskun Landaina, directora xeral do Instituto Vasco da Muller; Nuria Varela, directora xeral de Igualdade do Goberno do Principado de Asturias; e Eva Istúriz, directora xerente do Instituto Navarro para a Igualdade.

O Castelo de Soutomaior epicentro da igualdade en Galicia o I Encontro Nacional de Políticas Públicas

Cun recoñecemento e recordo a Isaura Abelairas, a primeira deputada de Igualdade na Deputación de Pontevedra, impulsora da Escola María Vinyals e “corazón e alma das moitas políticas que nos teñen convertido nunha referencia en igualdade en Galicia”, a presidenta Carmela Silva abriu esta mañá no Castelo de Soutomaior o “I Encontro Nacional sobre Políticas Públicas”.

A Deputación enche a provincia de lecer esta fin de semana

A Deputación de Pontevedra mantén a súa firme aposta pola cultura e o deporte cunha interesante oferta de lecer na que leva actividades a cinco concellos da provincia. Serán Vigo, Silleda, Soutomaior, Poio e A Guarda os que acollerán, ata o domingo, programas provinciais.

Román Rodríguez anima ao sector a adherirse ao Bono Cultura da Xunta para impulsar a súa actividade

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, animou hoxe ao sector cultural a adherirse ao Bono Cultura, o programa da Xunta de Galicia que ofrece descontos en compras ou na utilización de servizos culturais entre o 1 de novembro e o 31 de decembro.

O Museo presenta unha denuncia polas pintadas aparecidas no edificio Fernández López

O Museo de Pontevedra vén de formalizar hoxe a denuncia en Comisaría polas pintadas aparecidas na noite do luns ao martes no edificio Fernández López, un inmoble que pertence ao conxunto declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

O Sergas impulsa o primeiro ensaio clínico con medicamentos CAR-T en Galicia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; o director xeral do Hospital Clínic de Barcelona, Josep María Campistol; e a xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, Rocío Mosquera, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para impulsar o primeiro ensaio clínico con medicamentos CAR-T de Galicia.

Novo seminario da Facultade Ágora baixo o título ‘Localidades atractivas’

O papel do espazo público e a súa influencia na vitalidade económica das cidades será o tema central do novo seminario da Facultade Ágora que se celebrará este venres baixo o título ‘Localidades atractivas’.

Política Social abre a inscrición para o plan de formación dixital do voluntariado

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado vén de abrir a inscrición para o seu Plan de formación para as persoas voluntarias de Galicia coa finalidade de ofrecer opcións de formación dixital en materia de voluntariado.

A Deputación presenta este venres o seu primeiro libro de banda deseñada para achegar á xente moza a Memoria Histórica

A Deputación, a través do seu departamento de Memoria Histórica, presenta este venres o seu primeiro libro de banda deseñada para achegar á xente moza o relato dos feitos acontecidos durante os anos da ditadura e a represión e as súas consecuencias na provincia.