7.9 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaO Museo presenta unha denuncia polas pintadas aparecidas no edificio Fernández López

    O Museo presenta unha denuncia polas pintadas aparecidas no edificio Fernández López

    Na mañá de hoxe entregáronse fotografías dos danos ocasionados á brigada xudicial que leva os temas de Patrimonio

    O Museo de Pontevedra vén de formalizar hoxe a denuncia en Comisaría polas pintadas aparecidas na noite do luns ao martes no edificio Fernández López, un inmoble que pertence ao conxunto declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

    Segundo manifesta a dirección do Museo, o protocolo activouse xa no día de onte pola mañá, cando tras comprobar o sucedido os feitos foron postos en coñecemento da Policía de maneira verbal. Non foi ata hoxe a primeira hora cando se formalizou a denuncia por escrito fisicamente nas instalacións policiais, onde se entregaron fotografías dos danos para a tramitación por parte da brigada xudicial que se encarga de levar as cuestións de Patrimonio.

    Dende o Museo xa se deu orde para a limpeza das pintadas, mais esta non se realizará de maneira inmediata á espera de que poida ser necesaria unha inspección ‘in situ’ que complemente ás imaxes fotográficas.

    “Tristura infinita” foi a expresión utilizada dende a institución museística para cualificar os danos, que practicamente afectaron á totalidade da parede do edificio Fernández López na que se bifurcan as rúas Pasantería e Laranxo, cun graffiti central e varias palabras e firmas rodeándoo. A aparición de pintadas nos inmobles do Museo tivo acontecido noutras ocasións, máis non coas dimensións da que apareceu trala madrugada de onte martes.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.