7.9 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaO Sergas impulsa o primeiro ensaio clínico con medicamentos CAR-T en Galicia

    O Sergas impulsa o primeiro ensaio clínico con medicamentos CAR-T en Galicia

    O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; o director xeral do Hospital Clínic de Barcelona, Josep María Campistol; e a xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, Rocío Mosquera, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para impulsar o primeiro ensaio clínico con medicamentos CAR-T de Galicia. Na sinatura tamén estivo presente o xerente do Sergas, José Flores Arias.

    Grazas a este acordo, o departamento sanitario galego e o Hospital Clínic traballarán xuntos nun ensaio clínico pioneiro na nosa comunidade, que se desenvolverá nunha primeira etapa no Hospital Clínico Universitario de Santiago, e que ten como obxectivo estenderse a outros centros asistenciais da comunidade.

    Tal e como destacou García Comesaña no acto, con esta sinatura séntanse as bases para desenvolver o primeiro ensaio clínico dunha terapia CAR-T en Galicia para tratar cancros oncohematolóxicos. Apostamos, polo tanto, por esta nova xeración de fármacos de inmunoterapia avanzada no que significa un chanzo importante na atención personalizada a estes pacientes, -sinalou o conselleiro-.

    Esta terapia, na que o colaborador do Sergas neste convenio é especialista e pioneiro en Europa, sérvese de medicamentos de alto impacto clínico e asistencial que, nalgúns casos, acadan unha taxa de resposta do 80%, e pode conseguir que o sistema inmune do paciente recupere, mediante técnicas de modificación xenética, a capacidade de recoñecer e destruír de forma selectiva as células tumorais. Neste senso, a propia American Society of  Clinical Oncology recoñeceu o alto potencial das terapias CAR-T como “avance do ano”.

    Ao respecto, o director xeral do Hospital Clínic de Barcelona, Josep María Campistol, gabou a aposta da Xunta por avanzar nestes tratamentos innovadores e o desenvolvemento do futuro Centro de Produción de Medicamentos  CAR-T de Galicia; relatando a súa experiencia en ensaios clínicos pioneiros na materia e amosando o seu compromiso a traballar xuntos a partir deste convenio.

    O conselleiro de Sanidade indicou que, grazas a este convenio, dase un paso máis na nosa aposta por situar a Galicia na vangarda da investigación e da produción de tratamentos avanzados; esforzos que se plasmaran na posta en marcha do Centro de Produción de Medicamentos CAR-T, que segundo as súas previsión ultimará a súa posta en marcha no primeiro semestre de 2022.

    O centro, emprazado en Santiago de Compostela en virtude do acordo asinado coa Universidade de Santiago o pasado mes de maio, contará tamén cunha Unidade de Investigación que levará a cabo proxectos que permitan o impulso de novas terapias celulares, que serán elaboradas no centro de fabricación e, posteriormente, aplicadas aos pacientes do sistema sanitario público.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.