22.2 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación presenta este venres o seu primeiro libro de banda deseñada...

    A Deputación presenta este venres o seu primeiro libro de banda deseñada para achegar á xente moza a Memoria Histórica

    A Deputación, a través do seu departamento de Memoria Histórica, presenta este venres o seu primeiro libro de banda deseñada para achegar á xente moza o relato dos feitos acontecidos durante os anos da ditadura e a represión e as súas consecuencias na provincia. A obra, titulada ‘Regreso á Illa de San Simón’, foi coordinada polo debuxante Kiko Da Silva e contén o traballo de 13 autores e autoras formadas na escola do Garaxe Hermético que crearon varias historias situadas na illa da ría de Vigo dende 1936 a 1943.

    O acto de presentación, no que estarán tanto o coordinador como as e os autores (Miguel Rojo e Pablo Prado, Fernando Llor e Ana Pumares, Fonso Barreiro e Antonio Recuna, Eli García, Miriam Iglesias, Iago Fernández Falcón e Damián Gómez Figueras, Zaida Novoa, Mara Méndez, Fernando Llor e Olalla González, e Lorena Nikoli) será no Edificio Castelao do Museo ás 20.30 horas deste venres 15. Está aberto ao público ata completar aforo e é precisa inscrición previa no correo memoriahistoria@depo.gal.

    ‘Regreso á Illa de San Simón’, segundo explica a deputada de Memoria Histórica, pretende aproveitar un formato atractivo como é a banda deseñada para chegar a un público que normalmente non ten moita relación coa memoria, e que non participa en actos como congresos, encontros ou charlas.

    O libro será distribuído entre os institutos de educación secundaria da provincia e tamén nas bibliotecas e puntos de lectura municipais. Ademais, a xente interesada poderá solicitalo nas instalacións do departamento de Memoria Histórica da Deputación situado nas dependencias do Arquivo Provincial ata esgotar existencias, aínda que no caso de ter moita demanda, non se descarta facer novas impresións.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.