Mércores, 9 Xullo de 2025

É Noticia

A Deputación promociona a provincia cos textos de Cunqueiro “Polos vieiros do fabulador”

As vilas, tradicións, gastronomía e paisaxes da provincia de Pontevedra, contadas coa mirada única de Álvaro Cunqueiro. É o lenzo que debuxa Polos vieiros do fabulador: Cunqueiro e Pontevedra, unha compilación de textos do escritor.

Lete Lasa destaca a hexemonía do surf galego

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vén de recibir aos deportistas da Federación Galega de Surf que se proclamaron recentemente campións de España nas súas diferentes especialidades.

COGAMI forma a 14 persoas como auxiliares de servizos

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) iniciou en Vigo un curso de Auxiliar de Servizos ao que asisten 14 persoas, 6 mulleres e 8 homes, todas elas con discapacidade recoñecida ou con incapacidade laboral para profesión habitual.

A Xunta incrementará o vindeiro ano un 25 % as axudas para transportistas

A Xunta incrementará o vindeiro ano un 25% as axudas dirixidas á formación no eido do transporte por estrada, cun investimento de 500.000 euros.

A “provincia das persoas primeiro”, referente de mobilidade sostible no 25 Congreso Vyodeal

Pontevedra provincia está a referendarse como símbolo da mobilidade urbana sostible e amable no 25 Congreso Vyodeal, o Symposium Nacional de Vías e Obras da Administración Local, que reúne hoxe luns e mañá martes no Pazo Provincial aos principais expertos e expertas do país para falar dos retos actuais e futuros da “Estrada local como espazo público”.

A Deputación tínguese de rosa no Día Internacional contra o Cancro de Mama

A Deputación de Pontevedra iluminará de rosa o seu Pazo Provincial desde as 19.30 deste luns 18 de outubro, e a sede de Vigo desde o martes 19 á mesma hora, ata as 7.30 da mañá do sábado 23 ao abeiro do Día Internacional contra o Cancro de Mama.

Planifica o teu camiño

A Xunta de Galicia lanza unha campaña de responsabilidade para que os futuros peregrinos planifiquen, de forma eficiente, o Camiño de Santiago.

SmartPeme ofrece esta semana catro novos obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.

A provincia de Pontevedra revalida o seu músculo turístico na ponte cunha ocupación hoteleira do 75 %

A ponte da Hispanidade foi todo un “éxito” para o sector turístico da provincia de Pontevedra. Así o constatou o observatorio de Turismo Rías Baixas que vén de confirmar unha ocupación hoteleira media superior ao 75 % que confirma a tendencia rexistrada durante o verán que consolida á provincia como líder en Galicia e destino top de España.

O urbanista Jeff Speck defende na Facultade Ágora “as cidades camiñables” e evitar “os grandes erros” dos EEUU coas cidades dispersas

As vilas e cidades que recuperan o seu espazo público para as persoas son “máis eficientes” e xeran “dinámicas ascendentes” que se retroalimentan: canto máis atractivas son para vivir, máis poboación incorporan, máis melloran economicamente, son máis interesantes para os investimentos e ademais funcionan de maneira máis cohesionada e con maior inclusión social.

A Deputación mellorará a seguridade viaria en dúas estradas provinciais do Porriño e Gondomar

A Deputación de Pontevedra continúa engadindo valor ás estradas provinciais ao dar luz verde a un proxecto que servirá para mellorar a seguridade viaria nos concellos do Porriño e Gondomar. En concreto, as obras realizaranse na EP-2403 Mosende-Morgadáns e na EP-2404, que dá acceso a Chenlo, contan cun orzamento de 487.900 euros e se enmarcan no modelo de mobilidade sostible, segura e amable da institución provincial.

Éxito de público na presentación do libro de banda deseñada sobre memoria histórica ‘Regreso á Illa de San Simón’

O Museo de Pontevedra encheuse hoxe ata onde o permitía o aforo do 90% para a presentación do libro de banda deseñada Regreso á Illa de San Simón, a primeira publicación sobre memoria histórica editada pola pola Deputación de Pontevedra para chegar á xente moza. O éxito non parou aí: a deputada María Ortega anunciou que se fará unha próxima reedición dada a alta demanda recibida tanto no Servizo de Publicacións provincial como na escola do Garaxe Hermético nos días pasados.