15.8 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaSmartPeme ofrece esta semana catro novos obradoiros

    SmartPeme ofrece esta semana catro novos obradoiros

    Ata o 21 de outubro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre fabricación dixital, Instagram, Google Analytics e Google My Business

    A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre o novo itinerario iniciado este mes sobre fabricación dixital, o emprego de Instagram e Google My Business para a promoción empresarial e a mellora do impacto web a través de Google Analytics.

    En concreto, este martes 19 impartirase o obradoiro “Fabricación dixital. Debuxo 3D con Onshape II – Partstudio II”. Estará a cargo do experto universitario en Robótica Manuel Freire, quen dará a coñecer as tecnoloxías implicadas no proceso de fabricación dixital, tanto a nivel teórico como a nivel práctico. Os/as participantes terán contacto real coa tecnoloxía e poderán experimentar con ela, chegando a deseñar e fabricar por si mesmos unha peza no Fab Lab.

    O mércores 20  pola mañá será a quenda de “Como utilizar Instagram para promover a túa empresa II” de Esther Garcinuño, enxeñeira técnica en Informática de Xestión, quen falará de Instagram desde un enfoque empresarial para dar a coñecer as súas funcionalidades e recomendar unha estratexia a seguir en función dos obxectivos de cada empresa. Pola tarde, Guillermo Nass, deseñador gráfico do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, impartirá “Mellora o impacto da túa web grazas a Google Analytics”, obradoiro centrado na análise pormenorizada dos sitios web, co estudo do público alcanzado, dispositivos, sistemas operativos e países para, cunha estratexia baseada nos datos, crear unha comunidade de clientes definida e fixar obxectivos.

    Finalmente, o xoves 21, o licenciado en Comunicación Audiovisual Adrián Fernández pechará a formación da semana con “Promociona o teu negocio con Google My Business”. Neste taller dará a coñecer esta ferramenta dirixida a negocios locais que buscan unha maior visibilidade grazas a xeolocalización e as procuras que a súa potencial clientela poida facer no buscador de Google.

    As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo info.smartpeme@depo.es ou no teléfono 886 202 020.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.