A Xunta de Galicia lanza unha campaña de responsabilidade para que os futuros peregrinos planifiquen, de forma eficiente, o Camiño de Santiago. Con todo, suxiren que se sigan os seguintes pasos:
- Escoller e planificar, con anterioridade, a ruta que máis se adecúe aos gustos e preparación dos peregrinos.
- Organizar, previamente, toda a información e votar conta de todo o material que se pode necesitar.
- Será de moita utilidade levar descargadas no móbil aplicacións de información meteorolóxica e de xeolocalización.
- Seguir a ruta mediante as indicacións oficiais: frechas amarelas e os marcos de pedra.
- Na mochila, só o imprescindible: roupa e calzado cómodo, documentación, móbil e cargador, lanterna, gorra, auga…
- Recordar a importancia de usar calzado e roupa axeitada que transpire ben.
- Durante o camiño, descansar, comer e beber equilibradamente.
- Evitar as horas centrais dos días de altas temperaturas. Protexer a cabeza e usar lentes e protector solar.
- Nos tramos da ruta por estrada, camiñar pola esquerda e facerse ver.
- Se os peregrinos van en grupo, desprazarte en fila de un e sinalizar o comezo e final do pelotón.
- Se no camiño aparecen con animais soltos, evitar darlles comida. Probablemente, teñan donos.
- Ante calquera emerxencia no camiño, chamar ao 1-1-2. A atención realízase en máis de 70 idiomas.