Xoves, 10 Xullo de 2025

É Noticia

A Deputación lanza a programación do 25N baixo o lema “Por ser mulleres”

“Farta” e emocionada ao recordar ás mulleres salvaxemente violadas como a moza de Igualada ou a de Navarra, lembrando ás mulleres asasinadas polo machismo como Mª Isabel, Flora, MªCruz e a súa filla ou Mª Pilar, e acompañada de alcaldesas, concelleiras e mulleres implicadas na igualdade que promove a Deputación, a presidenta Carmela Silva deu a coñecer nas Ruínas de San Domingos a ampla programación que lanza a institución con motivo do 25N e que este ano leva por lema “Por ser mulleres”

O Museo abre as portas dos seus fondos a través de Instagram

O Museo de Pontevedra vén de abrir unha conta en Instagram, @museo_pontevedra, un perfil oficial a través do que achegar ao público todos os seus fondos, actividades, eventos e efemérides, e que se suma a Facebook, a outra rede social na que ten presencia a institución pontevedresa, e na que conta con 13.755 persoas seguidoras.

A Deputación revalida o seu compromiso con UNICEF no Día Mundial da Infancia

A Deputación de Pontevedra iluminará de azul o seu Pazo Provincial desde as 19.00 deste venres ata as 8.30 da mañá do domingo ao abeiro do Día Mundial da Infancia.

A cuarta edición da xornada ‘Turistic’ da Deputación ten os seus eixos centrais na sustentabilidade e a dixitalización

Terá lugar o xoves 2 de decembro no Museo coa participación de persoas de grande nivel nacional e internacional e servirá para divulgar a “Carta de Dereitos Dixitais”

A Deputación recoñece o talento da mocidade coa V Gala dos Premios á Xuventude

O talento e o esforzo da xente máis nova da provincia volverán a ser recoñecidos este sábado na quinta edición da Gala dos Premios Provinciais á Xuventude que, organizada pola Deputación de Pontevedra, celebrarase no exterior do Pazo Provincial ás 11 da mañá.

O ‘Revitaliza’ da Deputación comeza o curso 2021-22 nos centros de ensino

O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra vén de iniciar oficialmente o seu curso 2021-2022 nos centros de ensino da provincia cun arranque totalmente exitoso: en apenas dúas semanas serán preto de 700 rapazas e rapaces as que pasen polas actividades que se están a desenvolver grazas aos obradoiros divulgativos sobre compostaxe desenvolvidos polo CEIDA.

A Deputación celebra o Día do Patrimonio Mundial coa posta en valor da candidatura da Asociación Ponte… nas Ondas!

A Deputación de Pontevedra vai celebrar este martes o Día Internacional do Patrimonio Mundial coa posta en valor da candidatura da Asociación Ponte... nas Ondas! ao Rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco.

A Xunta activa o Plan de Vialidade Invernal na provincia de Pontevedra

A Xunta activa o Plan de Vialidade Invernal na provincia de Pontevedra, cun dispositivo de 89 profesionais, 385 toneladas de fundentes e 6 centros operativos que garantirán a seguridade viaria.

A Deputación aproba o maior orzamento da súa historia para 2022

A Deputación de Pontevedra aprobou inicialmente os seus orzamentos para 2022, que alcanzan os 175,8 millóns de euros (un 6,86% máis que o anterior), durante o pleno extraordinario celebrado esta semana.

«Fiando Redes», novo programa de igualdade para as asociacións con propostas culturais inclusivas e con perspectiva de xénero

Activar o tecido asociativo feminino, tecer redes e mobilizar conciencias a prol da sensibilización en igualdade de xénero son os principais obxectivos do novo programa que lanza a Deputación de Pontevedra, “Fiando Redes”, que está dirixido ás asociacións de mulleres e outros colectivos, federacións ou fundacións da provincia que teñan como fin prioritario e ámbito de actuación a promoción da igualdade.

O presidente da Câmara Municipal de Cerveira e a Deputación aposta pola continuidade dos compromisos transfronteirizos

O presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, e a alcaldesa do Concello de Tomiño, Sandra González, reuníronse onte coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o deputado para a Cooperación Transfronteiriza e vicedirector do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, para tratar dos proxecctos de futuro da Eurocidade Cerveira-Tomiño.

Menchu Lamas e Rosario Álvarez, gañadoras do premio Otero Pedrayo 2021

A artista viguesa Menchu Lamas e a presidenta do Consello da Cultura Galega, a pontevedresa Rosario Álvarez, son as gañadoras do Premio Otero Pedrayo 2021, convocado pola Xunta de Galicia e polas catro deputacións galegas e que este ano organiza a Deputación de Pontevedra.