Luns, 14 Xullo de 2025

É Noticia

O PSOE denuncia a negativa do PP a defender os intereses da pesca ante as propostas para eliminar as bonificacións ao combustible

A deputada socialista Patricia Otero reclamoulle á Xunta de Galicia que lidere un posicionamento “claro e contundente” en defensa dos intereses do sector pesqueiro galego co fin de reverter as iniciativas para eliminación das subvencións ao combustible. Otero alertou das graves consecuencias que tería para a actividade da flota galega que saise adiante a proposta da Organización Mundial do Comercio (OMC), así como a intención das autoridades comunitarias de gravar o uso de combustibles fósiles.

Carlos Font denuncia “o veto” da Xunta á presenza da Deputación na inauguración da Biblioteca de Salvaterra financiada co Plan Concellos

O deputado Carlos Font denunciou hoxe o veto da Xunta de Galicia á administración provincial nunha actuación que cualificou de "intolerable" ao "negar á participación da Deputación de Pontevedra na inauguración onte da nova Biblioteca de Salvaterra de Miño, cando é unha actuación que foi cofinanciada co Plan Concellos". López Font culpa directamente ao presidente da Xunta quen, afirma, “vén de manifestar unha vez máis o seu sectarismo partidario".

O Museo expon unha nova edición da mostra «Camiños» cunha selección de máis de trinta artistas de Galicia e Portugal

‘Camiños. O Camiño e as Artes’ é a nova proposta expositiva que, comisariada por Tino Lores, o Museo abrirá ao público este venres. Trátase dunha mostra colectiva e multidisciplinar que reúne as manifestacións culturais do Camiño Portugués a Santiago a través das obras de máis de trinta artistas e persoas creadoras de Galicia e Portugal.

A Deputación e Galaxia arrancan a terceira edición da Escola de Letras

A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, a primeira posta en marcha en Galicia e unha das escasas que existen a nivel estatal, comezará a escribir a súa terceira edición a partir do vindeiro 8 de febreiro.

SmartPeme pon en marcha catro novos obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.

O CAAN da Deputación rescata a sete cachorros arroxados a dous colectores

Persoal do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra rescatou nestes primeiros días do ano a dúas camadas de oito cachorros que foron arroxados a dous colectores nos núcleos urbanos en Lalín e Pontecesures.

A Deputación chega a Fitur con «Love Rías Baixas, unha historia de amor coa provincia de Pontevedra»

«Love Rías Baixas, unha historia de amor coa provincia de Pontevedra». Con este lema “apaixonante e emocional”, reinventando a icona turística recoñecida en todo o mundo do corazón, “I love”, pero coas cores que identifican os nosos valores e o noso potencial, a Deputación de Pontevedra desembarcará o vindeiro xoves na Feira Internacional de Turismo, FITUR. A presidenta Carmela Silva asegurou que “imos a Fitur “a tope, con paixón, a defender o noso destino, a traballar, a preocuparnos do sector turístico desta provincia que permite que teñamos os mellores datos turísticos de Galicia.

A Deputación aproba o convenio GES por unanimidade por dous anos coa Xunta e a FEGAMP

O convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o funcionamento dos Grupos Supramunicipais de Emerxencias (GES) por un período de dous anos quedou aprobado hoxe, por unanimidade, no Pleno da Deputación.

COGAMI realizou máis de 50 intervencións sobre accesibilidade durante o ano 2021

A área de Accesibilidade de COGAMI realizou durante o ano 2021 un total de 53 intervencións e respondeu a 20 consultas, todas elas referidas a como levar a cabo melloras en espazos privados ou comunitarios, como tamén, para asesorar sobre itinerarios accesibles en espazos públicos.

O Consello Asesor cualifica de “xoia” e “regalo” para a cidadanía a incorporación de Santa Clara como edificio do Museo

As persoas integrantes do Consello Asesor do Museo cualificaron hoxe de “xoia”, “luxo” e “regalo” para a cidadanía de Pontevedra a incorporación de Santa Clara como edificio do Museo aberto ao público.

A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas redobran a súa estratexia conxunta con tres novos proxectos

A Deputación de Pontevedra e a Ruta do Viño Rías Baixas estreitaron aínda máis a súa relación de traballo conxunto e a súa vontade de colaboración para a posta en valor do potencial enoturístico da provincia e da propia Ruta.

A Deputación cofinanciará os servizos sociais comunitarios municipais dos concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra mobiliza este 2022 preto de 2,5 millóns de euros (2.481.074 €) parao Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais dos 51 concellos de menos de 20.000 habitantes.