Xoves, 17 Xullo de 2025

É Noticia

O programa “Fiando Redes” da Deputación comeza esta semana

A Deputación de Pontevedra dá comezo esta semana a “Fiando Redes”, o programa no que a institución provincial traballa man a man con colectivos da provincia que teñen como obxectivo prioritario a promoción da igualdade entre mulleres e homes.

SmartPeme ofrece tres novos obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.

A Deputación impulsa o deporte federado con axudas para clubes en competicións nacionais

“A provincia de Pontevedra é a gran referencia do deporte en Galicia e desde a Deputación queremos consolidar esta posición axudando a todas as disciplinas deportivas”. Este é o obxectivo que perseguen as subvencións para clubs deportivos que participan en competicións federadas nacionais.

A Deputación aproba novas achegas do Plan Concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de dar luz verde a 23 novas achegas do Plan Concellos, das liñas 1 e 3, coas que se realizarán “inversións para transformar os concellos e, por outra banda, financiar a contratación de ata a 320 persoas que van a permitir a prestación de servizos nos municipios.

Redondela, Mondariz Balneario, Tui e Mos entre as sedes hípicas que acollerán a segunda edición da Liga Territorial de Saltos ‘Xogade’

O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, presentou da man da Federación Galega de Hípica a segunda edición da Liga Territorial de Saltos Xacobeo Xogade 2022 que transitará polos principais clubs de hípica das Rías Baixas e na que competirán dous centenares de nenos e nenas de todas as idades.

Música, gastronomía, poesía e camelias para lembrar a Rosalía de Castro os días 23 e 24

“Dous días grandes, grandes e grandes cunha programación marabillosa na que todo o mundo vai poder levar para a casa moitos elementos que identifican a Rosalía de Castro”.

A Deputación aproba 1,2 millóns de euros para seguir garantindo dereitos no ámbito social

“Cremos nunha provincia na que todas as persoas teñan todos os dereitos”. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da aprobación de máis de 1,2 millóns de € en Xunta de Goberno para o impulso de iniciativas de carácter social.

Xornada cultural da Deputación no Castelo de Soutomaior

O Castelo de Soutomaior abriu hoxe o pano para converterse no escenario desde o que o sector cultural galego analizou os seus retos de futuro trala pandemia, nunha xornada organizada pola Deputación de Pontevedra e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.

Os concellos da provincia deberán corrixir as súas ordenanzas e implantar taxas de residuos

Os concellos da provincia deberán corrixir as súas ordenanzas de residuos e implantar taxas que graden o pago por xeración. Así o manifestou hoxe o vicepresidente César Mosquera na reunión cos concellos da provincia sobre o novo marco normativo dos residuos e as súas implicacións para os gobernos locais.

O programa Máis Emprego de COGAMI posibilita a inserción laboral do 59% das persoas participantes

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) fai balance de como se desenvolveu Máis Emprego, un programa de inserción laboral que está dirixido a persoas con discapacidade e/ou con incapacidade laboral empadroadas na provincia de Pontevedra e con idades comprendidas entre os 18 e os 62 anos.

O Museo retoma este venres o concerto de violín e piano que simula a viaxe de Castelao Europa en 1921

Logo do obrigado aprazamento por enfermidade do concerto do ‘Dúo Loura’ hai unhas semanas, o Museo de Pontevedra xa ten nova data para o evento: este venres 11 ás 19.30h no Edificio Castelao.

A Deputación tende a man aos concellos da provincia para cumprir as novas leis de residuos

O novo marco lexislativo sobre residuos supón “unha auténtica revolución” que impón aos concellos “esixencias radicais” baixo ameaza de sanción.