Xoves, 17 Xullo de 2025

É Noticia

A estación fitopatolóxica do Areeiro recomenda vixiar a bolboreta do buxo

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que recomenda vixiar a 'Cydalima perspectalis', coñecida como a bolboreta do buxo.

O Concurso-Exposición Internacional da Camelia volve da man da Deputación

As cores e fragrancias das camelias engalanarán a Avenida Montero Ríos de Pontevedra e o Pazo provincial da Deputación os días 5 e 6 de marzo coa celebración da LVII edición do Concurso-Exposición Internacional da Camelia.

A Deputación arranca a celebración do 8M

Priscila Retamozo, politóloga especializada en igualdade de xénero e coordinadora da formación para a mocidade “Canteira de Igualdade” da Escola María Vinyals, foi a encargada de dar o pistoletazo de saída aos actos que a Deputación de Pontevedra ten programados con motivo do 8M.

A Deputación celebra a Rosalía convertendo o Pazo Provincial no “lar” particular da autora

O Pazo Provincial converteuse onte pola tarde na “casiña” e o “lar” de Rosalía de Castro, cheo do aroma da súa poesía, do seu “caldo de gloria” e da súa pegada que case dous séculos despois do seu nacemento segue a estar máis presente que nunca.

A Deputación da luz verde a 1,5 millóns de euros de investimento para 10 municipios da provincia ao abeiro do Plan Concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas achegas do Plan Concellos 2022-2023 das que se verán beneficiados outros 10 municipios da provincia que con estas partidas poderán financiar a contratación de 161 persoas. As subvencións, que suman un total de case millón e medio de euros, corresponden á liña 3 do plan provincial.

O Museo programa unha semana de actividades para celebrar o Día da Muller

O Museo de Pontevedra vén de programar unha semana de actividades e contidos para celebrar o Día da Muller do vindeiro 8 de marzo: Haberá visitas comentadas, teatro para a rapazada e público adulto, un curso sobre mulleres que deixaron pegada na historia, e conversas entre creadoras analizando a situación actual no mundo das artes.

O Museo abre este xoves unha exposición sobre as mulleres burguesas que viviron no ‘Palacete das Mendoza’

O Museo de Pontevedra abrirá este xoves a exposición ‘De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano. Dúas xeracións de mulleres para a historia de Pontevedra’.

A Deputación abre a inscrición nos campamentos “Depoaventura”

Trala publicación este luns 21 das bases no Boletín Oficial da Provincia, mañá martes 22 ábrese o prazo de inscrición para os campamentos da Deputación no Centro de Vacacións da Lanzada.

SmartPeme imparte cinco novos obradoiros esta semana

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.

O AECT Rio Minho crea un observatorio para analizar as dinámicas socioeconómicas transfronteirizas do Miño

O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Río Miño, AECT Rio Minho, está a traballar para poñer en marcha un Observatorio de Dinámicas Transfronteirizas (ODT) no territorio miñoto.

A Deputación distribúe manteis divulgativos sobre o ‘Caldo da Gloria’ en 33 concellos da provincia

A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Lingua, vai distribuír entre 33 concellos da provincia manteis divulgativos sobre o ‘Caldo de Gloria’, unha receita humilde que Rosalía de Castro menciona no poema ‘Miña casiña, meu Lar’ do Libro Follas Novas.

EcDesign gaña o concurso de desenvolvemento de solucións innovadoras da Deputación cunha proposta de sostibilidade

O proxecto de creación dunha páxina web, “Kukuza”, dirixida a amosar e recoñecer o esforzo das empresas en prol da sostibilidade, foi a proposta coa que o equipo EcDesign, de A Guarda, formado por Luis Eduardo Castro, Jarol Meléndez, Leticia Correa e Genoveva Sousa, se fixo co primeiro premio do concurso Desenvolvemento de Solucións Innovadoras a Retos, organizado pola Deputación de Pontevedra a través de SmartPeme.