23.9 C
Pontevedra
Luns, 14 de Outubro de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaO Museo programa unha semana de actividades para celebrar o Día da...

    O Museo programa unha semana de actividades para celebrar o Día da Muller

    Do 8 ao 11 de marzo realizaranse percorridos diarios baixo o título ‘Artistas visibles’ para a coñecer as autoras que forman parte das coleccións propias

    O Museo de Pontevedra vén de programar unha semana de actividades e contidos para celebrar o Día da Muller do vindeiro 8 de marzo: Haberá visitas comentadas, teatro para a rapazada e público adulto, un curso sobre mulleres que deixaron pegada na historia, e conversas entre creadoras analizando a situación actual no mundo das artes.

    A programación comezará o martes 8 ás seis da tarde coa primeira visita comentada baixo o título ‘Artistas Visibles’, que consistirá nun percorrido para visibilizar ás artistas que forman parte das coleccións do Museo desde o s. XIX ata o s. XX.  Serán itinerarios de  45 minutos  cunha duración aproximadamente nos que o persoal da Unidade de Educación falará principalmente das dezasete mulleres artistas, catorce pintoras e dúas escultoras que se exhiben nas coleccións permanentes, aínda que en total nos fondos do museo hai obras de máis de oitenta. Estas visitas repetiranse diariamente ás seis da tarde dende o martes 8 ata o venres 11.

    Xa o mércores día 9 será a quenda do teatro infantil para alumnado de 1º e 2º Curso de Educación Primaria a cargo de Compañía Eléctrica trae un espectáculo para festexar cos máis peques o Día da Muller: Carabranca. Haberá dous pases, o primeiro ás 10.30h e o segundo ás 12.00h, e os centros de ensino deben facer a súa inscrición en reservas.museo@depo.gal. AS sesións desenvolveranse no salón de actos do Museo ata completar capacidade (120 persoas).

    Trátase dun espectáculo de narración oral pola igualdade interpretado por Iria Pinheiro, licenciada en psicopedagoxía e actriz (Premio María Casares mellor actriz e mellor texto orixinal 2019 e Premio Maruxa Villanueva á interpretación 2019) e baseado nun conto de Iván Sende. Carabranca é unha nena pirata que logra todo o que se propón, desafiando calquera perigo marítimo e terrestre. A partir do teatro de obxectos a actriz conta unha historia na que se entrelazan as aventuras co ánimo de superación e valores que fomentan a igualdade.

    Outra das actividades incluídas na programación será o curso de arte impartido por Carolina Munáiz ‘Aventaxado feminino. Creadoras do século XX’, un percorrido polos camiños artísticos do século vinte da man de autoras que deixaron unha pegada significativa no seu campo de traballo: Ruth Matilda Anderson, Coco Chanel, Tamara de Lempicka, Maruja Mallo, Elsa Schiaparelli, Dora Maar, Hanna Höch, Louise Bourgeois, Lee Krasner. Pintura e  Jil Sander. Este curso –que xa está iniciado e se desenvolve ao longo de varias semanas- ten pechada a súa inscrición cun grande éxito, con 120 persoas participantes e lista de agarda.

    O xoves 10, ás sete da tarde,celebrarase unha conversa entre mulleres creadoras baixo o título ‘Aínda queda moito ferro!!!’,un coloquio no que participarán mulleres do mundo das artes plásticas, algunhas cunha longa traxectoria e outras dando os seus primeiros pasos (Sara Sánchez, Soledad Penalta e Basilisa Fiestras), que analizarán a situación da muller no mundo das artes con Carmen Hermo como moderadora.

    Finalmente, o venres 11 ás 19 horas terá lugar a representación de ‘Matrioskas’, teatro para adultos con Marta Ortiz e Sofía Espiñeira, “dúas mulleres cantando e contando sobre mulleres. Todas feitas da mesma madeira. Todas vestidas de cores. Todas elas, grandes e pequenas, con historias para contar e cos desexos agochados no ventre”, segundo explica a sinopse da peza da compañía ‘Charlatana’. É precisa inscrición previa en reservas.museo@depo.gal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.