Domingo, 22 Xuño de 2025

É Noticia

A Xunta solicita que o galego forme parte da plataforma ‘Online Language Support’ do programa Erasmus+

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá en Estrasburgo na sesión do Intergrupo de Minorías Nacionais e Linguas do Parlamento Europeo para tratar a inclusión do galego, o catalán e o éuscaro na plataforma Online Language Support (OLS) do programa Erasmus +.

Arranca unha nova edición de “Descúbreas”

A sede de Vigo da Deputación encheuse onte pola tarde de música para dar un espectacular inicio á terceira edición de “Descúbreas”, o programa que impulsan a institución provincial e Regalamúsica para promover a participación das mulleres na industria musical.

As subvencións Ágora da Deputación alcanzan ao 77 % dos concellos da provincia

“A recuperación do espazo público está na axenda política local da provincia”. Así o manifestou o deputado de Mobilidade e Espazos Públicos provincial, Uxío Benítez, ao expoñer os datos das subvencións Ágora concedidas aos concellos para realizar actuacións de transformación urbana e gañar espazos para as persoas.

A Deputación presenta o novo portal web da Fina Mouriscade

A Deputación de Pontevedra vén de presentar o novo sitio web da Finca Mouriscade, totalmente redeseñado para ofrecer unha imaxe máis utilizable, accesible, áxil e doada de consultar.

A Deputación lanza o programa “En ruta coa Depo” con 33 itinerarios

Ata o 14 de marzo está aberto o prazo para que as asociacións da provincia poidan solicitar a súa participación na nova edición do programa da Deputación “En Ruta coa Depo”, que ofrece ás entidades a posibilidade de pasar un día de convivencia pola provincia a elixir entre 33 rutas que transcorren por lugares emblemáticos.

COGAMI promove a autonomía das persoas con discapacidade coa campaña “#SOMOSCOGAMI”

A participación das persoas con discapacidade na sociedade é clave e, para que se produza, teñen que dispoñer de autonomía persoal. Ser unha persoa autónoma facilita vivir unha vida máis independente, con maior liberdade na toma de decisións e na condución do propio proxecto de vida. Para poder acadala, é necesario contar con apoio e acompañamento na propia contorna e dispoñer de acceso aos recursos necesarios.

Remata o curso de Diplomado Especialista en Territorio Rural Intelixente

Baixo o título “Reto demográfico: emprendemento e servizos de calidade para o desenvolvemento do medio rural”, o Salón de Plenos do Pazo provincial de Deputación acolleu ea xornada final do curso de Diplomado Especialista en Territorio Rural Intelixente.

SmartPeme chega esta semana con seis novos obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta seis novas formacións para esta próxima semana, enmarcados na carteira de obradoiros de Smartpeme.

Nova liña de axudas para programas de incorporación social en vivendas para drogodependentes

O Diario Oficial de Galicia publicou a liña de axudas da Xunta de Galicia destinadas a programas de incorporación social en vivendas para drogodependentes, que ascende a 550.656 euros, o que supón un incremento dun 8,8 % respecto da anterior convocatoria.

O conselleiro de Sanidade lembra a importancia de doar sangue

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, achegouse para visitar a unidade móbil que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), ten desprazada estes días xunto ao edificio administrativo da Consellería de Sanidade en San Lázaro.

A presenza da Deputación no Condado Paradanta alcanza orzamentos históricos

“Un investimento histórico; algo que nunca acontecera”, así cualificou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, os 81,8 millóns de investimento que a institución provincial realizou nas comarcas do Condado e A Paradanta nos dous mandatos que están a piques de concluír. Carmela Silva compareceu nun almorzo informativo, celebrado en Ponteareas, para dar conta do traballo desenvolvido entre 2016 e 2023.

O Museo de Pontevedra organiza un obradoiro de arte urbana

O Museo de Pontevedra organiza un obradoiro de arte urbana que abre as portas do entroido: mozos e mozas a partir de 12 anos experimentarán coa técnica do paste up durante tres sábados, os días 11, 18 e 25 de febreiro de 11 a 13:30 horas.