16 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaO Museo de Pontevedra organiza un obradoiro de arte urbana

    O Museo de Pontevedra organiza un obradoiro de arte urbana

    O Museo de Pontevedra organiza un obradoiro de arte urbana que abre as portas do entroido: mozos e mozas a partir de 12 anos experimentarán coa técnica do paste up durante tres sábados, os días 11, 18 e 25 de febreiro de 11 a 13:30 horas. O obradoiro conta con 12 prazas, que se adxudicarán por orde de inscrición escribindo a reservas.museo@depo.gal a partir do mércores 8 de febreiro ás 8 da mañá.

    O obradoiro céntrase na figura do Urco, personaxe do entroido pontevedrés que un grupo de intelectuais da cidade reinventou en 1876. Dese ano data a publicación ‘Reinado y muerte del Urco’, que recompila textos en prosa e en verso do entroido dese ano con este personaxe como protagonista.

    Este documento será o punto de partida deste taller singular impartido polo ‘Comité Secreto de Muros y Vallas’. O obxectivo é traer o Urco ao día de hoxe achegándoo á xente máis nova. O obradoiro desenvolverase no Edificio Castelao, con incursións a outros lugares da cidade.

    A técnica que coñecerán e coa que traballarán os mozos e mozas participantes é a do paste up. Esta técnica da arte urbana consiste en debuxar sobre papel de gran tamaño con rotuladores acrílicos, recortar as ilustracións elaboradas e pegalas. O obradoiro vén precedido de anuncios da chegada do Urco que estes días se poden ver nalgúns puntos da cidade e na conta de Twitter https://twitter.com/RogelioLois.

    Presentación de libro

    Por outra parte, este xoves 9 ás 19 h o Museo acollerá a presentación do libro Museo Provincial de Lugo. Orixe e consolidación (1932-1982). Participará a autora, Aurelia Balseiro García, directora do Museo Provincial de Lugo. Será presentada polo director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey.

    O libro relata os antecedentes, a orixe e os primeiros 50 anos de existencia do museo lugués. A autora revisa os principais episodios da historia desta institución, as coleccións que se foron incorporando ao longo do tempo, os principais personaxes ligados ao museo ou as súas publicacións, entre outros aspectos.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS