16 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaO conselleiro de Sanidade lembra a importancia de doar sangue

    O conselleiro de Sanidade lembra a importancia de doar sangue

    O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, achegouse para visitar a unidade móbil que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), tivo desprazada estes días xunto ao edificio administrativo da Consellería de Sanidade en San Lázaro. No acto estivo acompañado pola directora de ADOS, Marisa lópez García.

    O titular da carteira de Sanidade salienta a importancia de participar de xeito activo nas campañas de doazón de sangue, pois Galicia necesita entre 400 e 500 doazóns diarias para  cubrir a demanda de compoñentes sanguíneos que precisan os hospitais galegos, e así poder desenvolver con normalidade o seu gran labor asistencial. Recorrendo, por iso, ao altruísmo e xenerosidade da cidadanía galega.

    Doar e moi sinxelo

    Poden doar sangue todas as persoas entre 18 e 65 anos, cun peso superior aos 50 quilos e que non teñan padecido ou padezan enfermidades transmisibles polo sangue. Podendo realizar a doazón nos locais permanentes que hai nas sete grandes cidades galegas ou nunha das dez unidades móbiles que se achegan, durante a semana, a preto de cincuenta concellos de Galicia.

    Así mesmo, a Axencia de de Doazón de Órganos e Sangue lembra que está a disposición de toda a cidadanía a súa web http://ados.sergas.gal; o enderezo de correo electrónico, doadoressangue.ados@sergas.gal; o teléfono de información gratuíto 900 100 828; e as súas páxinas en redes sociais, como forma de comunicarse con ADOS e resolver dúbidas relacionadas coa doazón.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS