Sábado, 3 Maio de 2025

É Noticia

Carlos Font visita as obras das estradas provinciais da Paradanta

O deputado provincial Carlos López Font, acompañado da deputada Olga García Ballesteros, e dos alcaldes de Arbo, A Cañiza e Crecente, visitou esta mañá a comarca da Paradanta para supervisar obras acometidas en estradas provinciais.

A Deputación amplia en setembro os cursos do proxecto «Millennials 2019»

A Deputación de Pontevedra iniciará no vindeiro mes de setembro un total de dez cursos do Proxecto Millennials 2019, o plan dirixido á mocidade da provincia co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade e acceso ao mercado laboral, a través de formación e asesoramento gratuíto ligado ao emprendemento.

Areeiro sinala que en todas as comarcas os acios de uva alvariña xa están co pintado e abrandando

A Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de publicar un novo aviso fitosanitario no que informa de que as choivas que tiveron lugar a semana pasada, unidas a unhas temperaturas altas, foron favorables ao avance na fenoloxía das uvas, de xeito que xa en todas as comarcas os acios están co pintado e abrandando.

Carlos Font acusa á Xunta de “ocultar datos relevantes para facer crer que o turismo non vai ben”

O deputado provincial Carlos Font cualificou hoxe de “incomprensible” a actitude da Xunta de Galicia “que despois de faltar a verdade sobre o tirón turístico da provincia de Pontevedra, ofrecendo datos parciais e ocultando os que realmente son relevantes do primeiro semestre do ano, por enriba pretenda atacar á Deputación cando somos a institución que coincide plenamente coa información do INE en canto a número de pernoctacións e días de aloxamento”.

Carmela Silva inaugra a mellora da EP 2202 que “recupera espazos para as persoas”

Nun acto festivo, no que participaron peregrinas e peregrinos que están a facer o Camiño pola Costa, e veciñas e veciños de Baiona, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, puxo hoxe en valor a recuperación de espazos para as persoas que está a acadar a institución no acto de inauguración das obras de mobilidade peonil e seguridade viaria na EP-2203 de Baredo a Loureza e na EP-2202 de Baiona a Loureza.

A Deputación súmase á campaña internacional ‘BreathLife’, Respira a Vida

A Deputación de Pontevedra adheriuse á campaña da Organización Mundial da Saúde, Nacións Unidas e a Coalición Clima e Aire Limpo que se coñece internacionalmente como 'BreathLife' e que en España denominouse 'Respira a Vida'. A entidade que preside Carmela Silva convértese, deste xeito, na terceira representante institucional española en sumarse a un proxecto no que, a día de hoxe, só participan o País Vasco e Cataluña.

Unha vintena de mozos e mozas terán contratos en prácticas en ONG’s da provincia

Unha vintena de mozos e mozas traballarán en organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra grazas ao programa de fomento da empregabilidade 'O Teu Primeiro Emprego', co que a Deputación de Pontevedra busca facilitar que a mocidade con título universitario ou de FP 'poida acceder a un primeiro emprego cun contrato en prácticas e, polo tanto, non teña que emigrar como tristemente segue a acontecer coa poboación nova', como sinalou a súa presidenta, Carmela Silva.

A Deputación da os primeiros pasos para que a Escola de Cantería poida contar con titulacións oficiais

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar o proxecto básico e de execución e realización das obras de adaptación da Escola de Cantería á normativa vixente. Os traballos previstos, que terán unha duración de seis meses, son fundamentais cara a acadar o obxectivo da institución provincial de que a Escola poida impartir titulacións oficiais.

A Festa do Miño de Tui disporá do material das campañas de igualdade da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Igualdade, estará presente este sábado na Festa do Miño de Tui. O evento, que organiza o Concello, combina deporte, gastronomía e lecer e ten como pezas principais o Descenso Internacional e mailo Descenso Popular do río Miño.

Pedro Duque recoñece o impacto da automoción en Vigo e a súa area de influencia na visita ao CTAG

A importancia da automoción no desenvolvemento socioeconómico presente e futuro de Vigo e da súa área de influencia foi protagonista esta mañá na visita que xirou o Ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, acompañado da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e doutras autoridades, ás instalacións do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) no Porriño).

Carmela Silva comprométese a “redobrar a colaboración” da Deputación coa comandancia da Garda Civil

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou hoxe o seu compromiso para “redobrar a colaboración” que a institución provincial xa ven mantendo coa Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, tras recibir no Pazo Provincial ao seu novo responsable, o coronel Simón Venzal Contreras.

A Deputación abre as inscricións para a Depoandaina da Toxa e as pasarelas de Pedras Negras

Desde este martes, 6 de agosto, estará aberto o prazo para que as persoas que o desexen poidan participar na terceira das DepoAndainas 2019 programadas pola Deputación de Pontevedra, que percorrerá distintos espazos do concello do Grove, entre eles o parque forestal da Illa da Toxa e a ruta das pasarelas de Pedras Negras.