Os concellos do sur de Pontevedra optaron, no día de hoxe, por suspender os actos previstos durante os vindeiros quince días e habilitar distintos plans de prevención para o persoal municipal de cara a seguir mantendo, coas máximas garantías, os servizos básicos.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a posta en marcha de novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus, seguindo os consellos dos expertos na materia.
Ante o peche dos centros escolares anunciado hoxe pola Xunta de Galicia, o goberno da Deputación de Pontevedra activou esta tarde un novo protocolo de actuación para que as traballadoras e traballadores da institución provincial poidan acollerse a posibles medidas de flexibilidade laboral, reorganización de quendas ou traballo remoto, ao fin de minimizar o impacto nas familias.
Coas palabras de María Vinyals reflexionando sobre a posición das mulleres hai máis de 100 anos e a canción contra a violencia de xénero 'A porta violeta' de Rozalén, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, das deputadas provinciais Ana Laura Iglesias, Raquel Giráldez e Victoria Alonso, do autor do libro 'María Vinyals, a muller do porvir', Diego Piay, e da historiadora Silvia Cernadas, realizou esta mañá a plantación da camelia “María Vinyals” no Castelo de Soutomaior, a primeira “con nome de muller” do xardín.
A Deputación de Pontevedra activou hoxe desde presidencia o Comité de Seguimento pola crise do Coronavirus que avaliará diariamente as medidas que, baixo o principio de prudencia, o goberno provincial xa ten posto en marcha e das que este mesmo mércores informou directamente á toda a corporación provincial e aos sindicatos.
O corpo sen vida dunha persoa foi localizado na mañá de hoxe por un pesqueiro, pasadas as 11:30 horas, no lugar coñecido como Freu da Porta, na canle entre as dúas illas Cíes, –a Norte e a de San Martiño– lugar no que tras o naufraxio do Marsua J, no pasado mes de febreiro, centrábanse os traballos de procura do tripulante desaparecido.
A Deputación de Pontevedra levantou onte no vestíbulo do Pazo Provincial “un muro de paraugas para a defensa da igualdade", unha parede simbólica de arredor de 200 paraugas que ten escritas preto de 100 palabras de empoderamento das mulleres e que conforman a espectacular acción artística coa que a institución provincial conmemorou a celebración do 8M.
A Deputación de Pontevedra xa ten todo preparado para celebrar este venres no Pazo Provincial o acto central do Día Internacional da Muller, enmarcado na ampla programación de actividades que, baixo o nome de 'Por nós, por todas', se está a desenvolver nas sedes provinciais de Pontevedra e Vigo.
A Deputación de Pontevedra acaba de convocar unha nova edición, a cuarta, dos cursos de español para inmigrantes, unha actividade formativa que está dirixida a que as persoas participantes poidan superar o exame DELE A2 expedido polo Instituto Cervantes, unha proba que é requisito indispensable para que poidan solicitar logo a nacionalidade española.
O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, criticou que Feijóo “se poña medallas falando de estabilidade cando é a estabilidade dos cemiterios, a dun proxecto esgotado no que nada se move e non hai avance para a cidadanía galega”. Fronte a isto, puxo como exemplo aos gobernos das deputacións socialistas que “suplen as deficiencias dunha Xunta que non chega ao territorio”.
A Deputación de Pontevedra abre este mércores 4 de marzo o prazo de inscrición para participar nos exitosos campamentos “DepoAventura A Lanzada”. As persoas interesadas poderán presentar a solicitude a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra. O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir deste mércores.
As oficinas do programa 'SmartPeme' da Deputación de Pontevedra en Ponteareas e O Porriño desenvolverán durante este mes de marzo novas accións formativas para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes, co obxectivo de aumentar a súa competitividade.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.