Venres, 9 Maio de 2025

É Noticia

A feliz recuperación de ‘Pipa’ e ‘Comba’, dúas cadelas operadas de urxencia no CAAN

Pipa e Comba entraron no Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra en estado grave tras ser atopadas en difíciles circunstancias e con lesións polas que tiveron que ser sometidas a operacións cirúrxicas de urxencia no propio CAAN. Pero hoxe, “Pipa” e “Comba” están xa plenamente recuperadas e agardan agora a súa adopción para poñer un final feliz á súa historia.

Paula Cabaleiro, nova directora do servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra

“Se a cultura era xa unha das nosas grandes apostas e prioridades, non teño ningunha dúbida de que a partir de agora vai haber un revulsivo moi importante”, asegurou Carmela Silva ao dar a coñecer o nomeamento de Paula Cabaleiro como nova directora do servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra.

Antonio García Teijeiro, Inma López Silva, Francisco Castro e Diego Giráldez, dirixirán os obradoiros da Escola de Letras

Os recoñecidos autores galegos Antonio García Teijeiro, Francisco Castro e Diego Giráldez e a autora Inma López Silva dirixirán os obradoiros literarios deste primeiro ano da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra, que xa ten perfilada a súa programación desde o vindeiro mes de xuño ata decembro.

A Rede de Destinos Turísticos Intelixentes prioriza a confianza e a sustentabilidade no regreso a unha actividade con boas perspectivas

A Deputación de Pontevedra, único membro galego da Comisión Executiva da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes de España (Rede DTI), participou hoxe na xuntanza telemática de traballo que estivo presidida pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto. Unha xuntanza do máximo nivel á que tamén asistiron a secretaria de Estado de Turismo, Isabel Oliver; o presidente da Sociedade Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas (Seggitur), Enrique Martínez, e o director de Red.es, David Cierco.

COGAMI presta apoio a máis de 500 persoas sobre como proceder ante o COVID-19

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade de Galicia (COGAMI) amosou hoxe a súa preocupación ante a situación de vulnerabilidade na que poden quedar moitas das persoas con discapacidade e familias tralas medidas de illamento decretadas, o peche de centros ocupacionais, de día, sociais, educativos e a práctica desaparición das súas redes de apoio.

Nace a Escola de Letras de Galicia, “unha nova aposta pola cultura como necesidade vital”

'Tod@s temos unha historia que contar'. Baixo este lema como sinal de identidade, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o director xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro, presentaron hoxe a que será a primeira Escola de Letras de Galicia e unha das poucas existentes no estado, “a primeira que nace coa potencia dun apoio editorial”, como ambos sinalaron na rolda telemática, na que tamén participou a deputada de Cultura Victoria Alonso.

Educación abre o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao Fondo Solidario da Xunta

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2020/21.

A Deputación amplía o seu apoio aos concellos cun novo servizo da súa plataforma informática: a cita previa para atención cidadá

A Deputación de Pontevedra continúa a mellorar a súa Plataforma Informática para ofrecer novos servizos aos 53 concellos da provincia e tres mancomunidades que están adheridos á administración electrónica para que poidan dar resposta ás novas necesidades de xestión municipal derivadas do COVID-19.

Deputación e Delegación do Goberno coinciden en reclamar á Xunta que convoque aos entes locais cara ao plan de reconstrucción para Galicia

Agradecendo a pronta resposta da Delegación do Goberno ante á única solicitude de reunión formulada pola Deputación, comezaba o encontro entre Javier Losada e Carmela Silva para intercambiar informacións relativas á xestión da crise derivada pola Covid-19 e afondar en demandas da administración provincial.

A Deputación continua a coordinar a volta á provincia do alumnado do Practicum Depo dende cidades europeas

A Deputación de Pontevedra segue a coordinar co Goberno de España a repatriación voluntaria á provincia do alumnado que estaba a desenvolver a súa mobilidade en cidades europeas e que solicitou a volta ao país pola crise xerada polo Covid19. Trátase de alumnas e alumnos de centros de Formación Profesional da provincia de Pontevedra que, desde fai uns meses, están a realizar as súas prácticas en empresas e centros de investigación de distintos países europeos coas bolsas do programa Practicum Depo.

A Deputación, preparada para o remate da desescalada cara á atención ao público e á reorganización do traballo interno

A Deputación de Pontevedra xa ten todo preparado, cara ao remate da desescalada, para a aplicación das novas normas de protección e seguridade e dos criterios de organización, tanto na atención ao público como para o funcionamento interno da institución provincial.

Os socialistas denuncian o abandono “á súa sorte” do ensino público e as residencias de maiores durante a crise sanitaria

O PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra acordou, na xuntanza do Comité Executivo Provincial (CEP) celebrada hoxe, expresar a súa máxima preocupación pola situación de abandono educativo do alumnado dos centros de ensino público, polo esquecemento da clase traballadora e o desamparo ao que están sometidas as persoas das residencias de maiores. En palabras do secretario xeral provincial, David Regades, “a Xunta, coa súa frialdade burocrática habitual, está a perpetrar un ataque a colectivos especialmente sensibles nesta crise”.