18.5 C
Pontevedra
Martes, 30 de Maio de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaA Rede de Destinos Turísticos Intelixentes prioriza a confianza e a sustentabilidade...

    A Rede de Destinos Turísticos Intelixentes prioriza a confianza e a sustentabilidade no regreso a unha actividade con boas perspectivas

    A presidenta Carmela Silva, única representante galega na Executiva da Rede, subliña a importancia de que a propia ministra Reyes Maroto dirixise a reunión de hoxe na que se analizaron os datos do CIS que recollen que un 60 % viaxará dentro de España este verán

    A Deputación de Pontevedra, único membro galego da Comisión Executiva da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes de España (Rede DTI), participou hoxe na xuntanza telemática de traballo que estivo presidida pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto. Unha xuntanza do máximo nivel á que tamén asistiron a secretaria de Estado de Turismo, Isabel Oliver; o presidente da Sociedade Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas (Seggitur), Enrique Martínez, e o director de Red.es, David Cierco.

    A presidenta Carmela Silva puxo en valor o feito de que a propia ministra dirixira esta reunión a propósito da incidencia da pandemia de Covid19 cos destinos da Executiva da rede. Unha reunión na que dou conta das accións realizadas ata o de agora, informou do traballo que se está a facer na Conferencia de Ministros/as da UE en materia de turismo e escoitou ás inquedanzas dos representantes dos 89 destinos membros da rede. Silva subliñou que a ministra achegou datos moi útiles e que volveu demostrar o compromiso do Goberno de España para situalo turismo como eixe central da recuperación económica. “O Goberno está traballando man con man co mundo local e debo dicir que boto en falta o mesmo compromiso por parte da Xunta de Galicia”, dixo a presidenta, que demandou ao presidente galego que siga este modelo de xestión participativa e que convoque persoalmente aos destinos galegos para facer o mesmo que o goberno central.

    “A fórmula axeitada para loitar contra o impacto da Covid19 é a colaboración, tanto público-privada como público-pública”, insistiu. “A ministra reuniuse cos destinos turísticos intelixentes e amosounos a folla de ruta do Goberno de España para o futuro inmediato, pero seguimos a preguntarnos cal é a folla de ruta do goberno galego, e iso a pesar de que resulta moito máis complicado organizar o futuro turístico de España que o dunha comunidade autónoma”.

    A ministra Maroto, admitindo as dificultades derivadas da situación actual, apuntou ás boas perspectivas ofrecendo os datos achegados polo último barómetro do CIS no que se introduciron variables de consumo, en concreto de viaxes. Un 14% afirma ter previsto viaxar ao estranxeiro, mentres que o 60% adiantou que fará unha viaxe dentro do territorio nacional. Ademais, se os que teñen previsto ir ao estranxeiro son, fundamentalmente, os máis novos, a previsión de viaxar dentro de España esténdese por tódolos grupos de idade. A ministra tamén adiantou que o barómetro do mes de xuño do CIS incluirá un monográfico sobre turismo co obxecto de recompilar a información que precisan tanto as Administracións como o sector para perfilar as súas últimas decisións de cara a esta complexa temporada con datos fiables.

    Carmela Silva indica que estes datos do CIS deben reforzar o compromiso e o deber de priorizar a confianza e a seguridade na oferta para que aquelas persoas que nos elixan saiban que estamos preparados para recibilas. “Neste senso, engadiu, o avance do Plan de Reactivación do Destino Rías Baixas-Pontevedra Provincia está deseñado nesta dirección, polo que hai un traballo previo desde a Deputación que concorda cos datos que van xurdindo”.

    “Hai que estar preparados, sabendo que vai haber turistas porque hai interese en viaxar, pero tamén tendo moi en conta os valores que hai que poñer no escaparate para sintonizar con ese interese que existe no mercado”, explicou a presidenta da Deputación. Carmela Silva subliña que estamos nun escenario no que a información de calidade é clave e, por iso, adianta que fará chegar a información proporcionada polo Goberno de España ao Clúster de Turismo de Galicia e entidades representativas do sector na provincia. “Non vai chegar antes o que apure máis, senón o que tome a decisión acertada en cada momento da desescalada e para iso precisamos datos”, afirmou. “Hoxe máis que nunca, o sector público e o privado temos que acertar para non ter que dar marcha atrás, así que a prudencia, a intelixencia e a información son fundamentais”.

    A presidenta da Deputación está especialmente satisfeita de que o mundo local estea na axenda do Ministerio, non só porque xa se estea a traballar conxuntamente coa Federación Española de Municipios e Provincias, senón tamén porque se escoita aos representantes locais e, froito dese diálogo, xorden iniciativas como a aceptación de uso dos superavits (derrogando de facto a ‘lei Montoro’) ou a achega de recursos do Estado para que os concellos poidan facer fronte aos gastos derivados da pandemia.

    Carmela Silva: “Non vai chegar antes o que apure máis, senón o que tome a decisión acertada en cada momento da desescalada e para iso precisamos datos”

    Outro aspecto valorado especialmente dende a Deputación de Pontevedra foi que a ministra Maroto dera conta na xuntanza da Executiva da Rede DTI das decisións adoptadas, como son os 400 millóns a través dunha liña ICO para apoiar ao sector turístico, así como as medidas de acompañamento para os/as traballadores/as fixos discontinuos, a prolongación dos ERTE ata 30 de xuño e as compensacións por cese de actividade ao colectivo dos autónomos/as, dado o seu peso na masa laboral do turismo. Novidades que se completan co feito de que o turismo vai xogar un papel moi importante na Comisión tripartita entre Administración estatal, empresarios e sindicatos.

    Carmela Silva tamén avanzou que o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio está ultimando o Plan Nacional de Relanzamento do Turismo no que se enmarca unha campaña internacional dirixida aos países tradicionalmente emisores de turistas en canto se aproben e implanten os protocolos de acollemento de visitantes en portos e aeroportos que xa están testando neste momento e que teñen como elemento común a eficacia, pero tamén a axilidade para que a confianza sexa plena.

    Un paso que súmase á recente xuntanza do Consello de Ministros de Europa no que se empezaron a dar pasos para reducir as restricións á mobilidade terrestre e aérea en condicións de seguridade. Reyes Maroto insistiu en que o turismo debe formar parte prioritaria da axenda de reconstrución europea. “Proxectos rigorosos e con recursos económicos para seguir acompañando ao turismo durante a desescalada e tamén na nova normalidade”, resumiu.

    21 protocolos, un selo de confianza turística e una ‘app’

    A presidenta da Deputación recalcou especialmente o traballo feito polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, en colaboración co Ministerio de Sanidade, para a elaboración de protocolos de seguridade sanitaria para actividades e sectores específicos. O traballo pioneiro de España, que xa rematou 21 deses protocolos, motivou o interese de varios países europeos, converténdoos deste xeito en auténticas guías de boas prácticas. “Que outros queiran copiar os nosos protocolos xa é, por si mesma, unha garantía que dá seguridade ás e aos turistas”, destacou a presidenta.

    En canto ao selo de confianza turística a través do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) que contará coas certificacións española UNE e europea ISO tamén se dou conta da necesidade de avalalo coa verificación do cumprimento das normas de garantía sanitaria a diferencia de Portugal que o xestiona cunha declaración responsable da empresa ou entidade turística.

    O último elemento no que está a traballar o Ministerio é o desenvolvemento dunha aplicación para teléfonos intelixentes que proporcionará trazabilidade sobre os contaxios de Covid19 en cada territorio. Toda unha garantía para os visitantes.

    A xuntanza da Rede DTI concluíu co anuncio da inminente elaboración dunha guía de uso e desfrute seguro das praias para a fase III na que se contemplarán a totalidade dos usos nestes espazos así como as casuísticas de praias urbanas, calas, praias salvaxes, etc. Así a ministra Maroto incidiu en que esta norma así como as ordes sanitarias terán en conta as competencias autonómicas e locais.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS