O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero puxo onte en valor, durante unha visita a Santiago, o traballo dos concellos na loita contra a crise sanitaria, económica e social causada polo coronavirus. Dende alí, chamou a facer “un gran pacto de país pola reconstrución de Galicia” cunha “nova política económica e social”.
Impulsar a reactivación do tecido comercial da provincia trala crise sanitaria causada pola Covid19 é o obxectivo da nova aceleradora destinada ao comercio que a Deputación de Pontevedra pon en marcha desde este próximo luns mediante a transformación dixital de pequenas e medianas empresas a través do seu programa de fomento da innovación tecnolóxica empresarial SmartPeme.
Os castelos de Soutomaior e O Sobroso e o centro Castro Deza reabrirán as súas portas, ao igual que o fará o Museo de Pontevedra, o martes 2 de xuño. “Farano con todas as garantías e medidas de seguridade, con plans de continxencia específicos, creados para cada un destes recintos, e serán protocolos vivos, para adecuarse ás novas normas que se vaian aprobando”, asegurou Carmela Silva. O obxectivo, tal e como destacou a presidenta, “é converter a todos os nosos equipamentos culturais en espazos seguros”.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este venres un ambicioso investimento de ata 5,8 millóns de euros en infraestruturas na provincia que, como subliñou hoxe a presidenta Carmela Silva, revalida a plena aposta da Administración provincial pola dotación de recursos para seguir desenvolvendo o seu modelo de mobilidade segura e a posta en marcha de proxectos que axuden á reactivación da economía trala pandemia
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou hoxe a “clamorosa ausencia do PP, da Xunta e de Feijóo” na crise provocada polo coronavirus, na que “foron os alcaldes e as alcaldesas os que deron a resposta á cidadanía”. O responsable socialista advertiu que a crise sanitaria evidenciou que “o poder municipal resultou fundamental” en Vigo, onde “os cidadáns sentíronse acompañados polo alcalde, polo grupo municipal de goberno, e pola Deputación de Pontevedra”.
Os socialistas da provincia de Pontevedra esíxenlle ao Goberno galego que se poña de inmediato a traballar en liña cos concellos. O secretario xeral do PSdeG-PSOE pontevedrés, David Regades, afirma que tras máis de dous meses dende o estado de alarma xa ninguén ten dúbidas de que a Xunta está “acuartelada” e de que o peso institucional do combate sobre o terreo contra os efectos da pandemia lévano os concellos.
O goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este venres a terceira edición do Plan Móvese, deseñado un ano máis co modelo de mobilidade integral, sostible e segura, de calmado de tráfico e priorización das persoas por enriba dos vehículos, que desde estes últimos anos sitúa á provincia como unha grande referencia en seguridade viaria. A súa planificación xa está rematada e coa súa aprobación en Xunta de Goberno dáse inicio ao procedemento de contratación dos primeiros lotes de obras.
A Deputación de Pontevedra avanzou hoxe a posta en marcha dun ambicioso programa bianual destinado a dar unha resposta rigorosa ás consecuencias derivadas da crisis sanitaria xerada polo COVID19 no ámbito dos espectáculos musicais en directo. Así o confirmou a presidenta Carmela Silva na reunión telemática celebrada coas promotoras dos #RíasBaixasFest, os sete festivais integrados na marca de calidade da institución provincial.
“Irracional e absurda”. Así cualificou hoxe o cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, a situación que están a vivir os concellos do Miño pola existencia dun único paso na fronteira con Portugal que está a crear grandes sobrecustos económicos e de tempo ás traballadoras e traballadores transfronteirizos para acudir aos seus postos.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional retíralles ás universidades a proposta de programa voluntario de impulso á implantación da docencia mixta que lles foi anunciado o pasado 6 de maio aos reitores e ao que deran a súa conformidade. A Secretaría Xeral de Universidades adoptou esta decisión ante a utilización para a confrontación que están a facer determinados colectivos da iniciativa proposta, coa que, no marco da aposta por un ensino público de calidade, unicamente busca potenciar no Sistema Universitario de Galicia (SUG) a docencia semipresencial
A aposta polo comercio local cobra neste mes de maio un papel protagonista no marco da acción política da Deputación de Pontevedra. Deste xeito, enmarcada na campaña de apoio ao comercio máis próximo, “Elixe comercio local” chega esta semana ás comarcas da provincia de Pontevedra, de forma diferenciada, e incidindo nas características de cada territorio mediante creatividades específicas que amosan imaxes representativas de cada unha delas.
A Deputación de Pontevedra está a organizar o regreso a España do alumnado do programa Erasmus + Practicum Depo ante o remate das mobilidades que comezaron a principios de xaneiro, consistentes en prácticas preprofesionais durante estes meses en países da Unión Europea. Deste xeito, o 31 de maio regresa xa o primeiro dos grupos, con alumnas e alumnos procedentes de Italia, Portugal e Irlanda, e o seguinte grupo a partir do 4 de xuño.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.