“A posta en valor dos recursos do patrimonio ligados á arqueoloxía é un eixo prioritario para nós” asegurou a presidenta da Deputación na presentación do novo proxecto para a posta en valor do Centro de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico do Pazo de Liñares, en Lalín, que estará liderado polo CSIC a través do INCIPIT (Instituto de Ciencias do Patrimonio).
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, amosou hoxe a súa “perplexidade” ante a nova “irresponsabilidade” de Feijóo ao dicir que “é demoledor” aprobar o estado de alarma para afrontar con garantías xurídicas a segunda vaga da covid. “Non merecemos un presidente da Xunta que diga que defender a saúde da xente e demoledor”, sentenciou, e reclamou que Feijóo “estea á altura” das circunstancias.
A PSPD –Plataforma pola Seguridade e Privacidade Dixital da que forman parte a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), Asociación de Internautas (AI) e Asociación Pro Derechos Civís, Económicos e Sociais (ADECES)– vén de denunciar ao operador R Cable e Telecable ante as autoridades de competencia e telecomunicacións "polo tratamento das reclamacións dos consumidores na súa área de clientes". As entidades consideran que o operador "podería estar a construír unha imaxe irreal da calidade dos seus servizos que vulneraría o dereito á información dos consumidores e que lle favorecería respecto a os seus competidores".
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publica hoxe oficialmente as bases das axudas que concede este ano a Deputación para “dar prestixio” ao galego. As subvencións, segundo explica a deputada de Lingua María Ortega, chegarán aos 220.000 euros e repartiranse entre as entidades sen fins de lucro (120.000 €) e os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia (100.000 €).
O Organismo de Xestión e Recadación Local (ORAL) da Deputación de Pontevedra ponse aínda máis ao servizo dos 53 concellos que teñen delegada a xestión e/ou a recadación dos seus impostos e taxas e a recadación das multas. O deputado delegado de Réxime Interior e Facenda, Carlos López Font, presidiu hoxe unha Xornada sobre Planificación Tributaria para o ano 2021 na que participaron telematicamente 37 municipios e puideron coñecer da man dos técnicos provinciais tódalas novidades nos servizos que o ORAL ofrece de cara ao próximo ano.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou esta mañá en rolda de prensa que Galicia restrinxirá a mobilidade entre as 11 da noite e as 6 da mañá, cumprindo deste xeito á normativa estatal. Segundo confirmou Comesaña, o Comité clínico considerou que este horario é suficiente, habida conta de que toda a comunidade está cumprindo o nivel 2 de restricións dende hai unha semana e que se limitaron as xuntanzas a un número máximo de 5 persoas, coas consabidas excepcións en determinados concellos e comarcas.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) confirma que volve a inestabilidade ao mar cun novo episodio adverso, que traerá ondas por riba dos oito metros ao litoral galego.
As previsións indican que os efectos deste fenómeno adverso deixaranse sentir a partir das dez da mañá do mércores, 28 de outubro, na costa da provincia da Coruña e irán estendéndose a todo o litoral de Galicia.
A Deputación de Pontevedra vai celebrar o centenario do xurdimento da “Revista Nós” cunha proposta cultural, este xoves ás 19:30 horas no Pazo provincial, que inclúe unha representación teatral e un coloquio a modo de “viaxe no tempo” nos que as mulleres terán un papel clave. “Ao contrario do que acontecía no século XX – asegurou Carmela Silva- hoxe as mulleres son as protagonistas da revolución cultural e en todos os ámbitos que vive Galicia.
Ante a actual situación derivada da pandemia a “Escola de Letras”, que a Deputación de Pontevedra organiza xunto a Editorial Galaxia, vén de modificar a formato telemático os vindeiros obradoiros que ían ter lugar nas sedes de Vigo e Pontevedra da institución provincial.
A Deputación vén de aprobar unha nova liña de subvencións para poñer en valor o patrimonio marítimo fluvial da provincia. Segundo explica a deputada de Patrimonio María Ortega a intención é fomentar a recuperacións de bens de interese que integran o patrimonio relacionado co mar e os ríos na provincia, “que conta cunha grande riqueza e singularidade que é preciso preservar e difundir”, motivo polo que se aprobou unha partida de 150.000 euros que se repartirá en axudas dun importe máximo de 10.000 euros.
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe no acto de apertura das I Xornadas dixitais sobre tecnoloxías e solucións para a automatización (Digital JAI’2020) organizadas pola Universidade de Vigo, a través da Escola de Enxeñería Industrial, coa colaboración da Xunta entre outras institucións, onde destacou a necesidade de seguir impulsando a dixitalización e a automatización dos procesos para afrontar os novos retos económicos e sociais provocados pola pandemia da covid-19.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana sete novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre Linkedin e Instagram para empresas, debuxo con Onshape, como mellorar a presenza en liña e o footer da web, e a comercialización en liña de experiencias gastronómicas.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.