A Xunta intensificará a vindeira semana os traballos de roza e limpeza nas marxes de distintas estradas de titularidade autonómica da provincia de Pontevedra...
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre debuxo con Onshape, TripAdvisor, plan de márketing dixital e email markéting.
A Deputación de Pontevedra, a través do seu Plan Estratéxico de Deporte, vén de rematar o acondicionamento anual de 88 campos de fútbol da provincia de Pontevedra, dos que 61 corresponden a instalacións de herba sintética e os 27 restantes a canchas de herba natural. Esta actividade está encadrada dentro do programa de mantemento posto en marcha no ano 2017 polo Goberno que preside Carmela Silva para axudar ao concellos na atención aos terreos de xogo.
A Xunta de Galicia puxo en marcha, recentemente, o sistema PassCOVID, unha canle de contacto telemático coa cidadanía para facilitar a xestión da pandemia. Esta ferramenta informática en forma de app para dispositivos móbiles, ofrece información actualizada sobre a situación da crise sanitaria en todo o territorio e a nivel local, con avisos, recomendacións e alertas das medidas que a Xunta de Galicia está a activar para conter a pandemia orixinada polo coronavirus.
“Temos que desmontar os discursos da libre elección das mulleres” reivindicou a presidenta da Deputación Carmela Silva na presentación da xornada “Libres? Cosificación do corpo das mulleres”, enmarcada na programación da Escola de Igualdade María Vinyals.
O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, volveu amosar, durante a súa intervención na comisión da reconstrución, o seu apoio ás restricións que está aprobando a Xunta para facer fronte ao avance da pandemia en Galicia, pero esixiu a Feijóo que explique por que mantén abertas as fronteiras da comunidade mentres pecha 60 concellos. “Máis consistencia e menos improvisación”, requiriu.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou onte en rolda de prensa que a Xunta apoiará aos establecementos da hostalería pechados debido ás restricións provocadas pola Covid-19 cunha liña de axudas de entre 2.200 e máis de 7.000 euros.
A ‘V Xornada de Onomástica Galega’ da RAG, que este ano analiza o valor do idioma nos nomes comerciais, celebrarase este sábado de maneira exclusivamente telemática, eliminando a asistencia presencial ao Museo de Pontevedra por mor da pandemia.
Os ‘Concellos Revitaliza’ de Vilaboa, Mondariz Balneario e O Grove serviron hoxe de exemplo para toda España no ‘I Foro dixital sobre compostaxe descentralizada organizado por ‘Composta en Rede’. As mestras e mestres compostadores da Deputación e do Concello de O Grove explicaron a situación na que se atopan nestes momentos, sendo dos concellos mellor preparados para cumprir as esixencias da Unión Europea en materia de reciclaxe para este 2020 (o 50 % da bolsa do lixo).
O deputado responsable do Servizo ORAL na Deputación de Pontevedra, Carlos Font, manifestou hoxe a súa sorpresa ante o comunicado do grupo popular sobre “supostas denuncias” de persoas maiores que ao carecer de acceso a Internet se verían obrigadas a contratar a asesorías para poder pedir cita previa nas oficinas provinciais.
A Deputación de Pontevedra vén de iniciar, a través do programa SmartPeme TurisTIC, unha nova edición da aceleradora de empresas turísticas da provincia. Un total de 10 proxectos empresariais, o dobre que na pasada edición, xa se están a beneficiar desde esta semana das diferentes actividades de mentorización, titorías personalizadas e actividades de capacitación para avanzar durante 3 meses, ata mediados de febreiro, na súa adaptación ao comercio do século XXI.
O peche perimetral que sufría a cidade de Vigo e que onte a noite ampliábase, afectará dende o venres ás 15 horas, aos concellos limítrofes como Redondela, Mos, O Porriño e Nigrán, incluídas no que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, definiu hai uns minutos en rolda de prensa como a "améndoa perimetral", peche que se realiza, en todo caso "dende un punto de vista sanitario" logo de ver a escalada de contaxios.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.