Martes, 1 Xullo de 2025

É Noticia

Aberto o prazo para participar no premio de ‘Microteatro da Memoria’

A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), vén de abrir esta semana o prazo para participar na primeira edición do premio de ‘Microteatro da Memoria’. O certame, segundo explica a deputada María Ortega, pretende reflexionar sobre a memoria histórica a través de propostas dramáticas en formato breve de microteatro, abrindo un espazo para que a dramaturxia visibilice unha temática ás veces esquecida.

A Escola de Cantería, Centro de Formación para a expedición de certificados de profesionalidade en traballos de pedra natural

Importante paso adiante para a Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra. O alumnado poderá completar os seus estudos coa obtención de dous certificados de profesionalidade en 'Elaboración de pedra natural' e 'Obras de artesanía e restauración en pedra natural', despois de que a Consellería de Emprego e Igualdade notificara por fin esta semana a resolución favorable á solicitude formulada pola institución provincial o pasado mes de agosto.

Javier Losada recolle as demandas do sector da hostalería ante as novas restricións

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, recolleu hoxe as demandas do sector da hostalería ante as novas restricións impostas. Fíxoo nunha reunión na Delegación con representantes do sector encabezados polo presidente provincial na Coruña, Héctor Cañete.

A Deputación acepta a proposta dos novos GES pero advirte á Xunta “que é a última vez que admitimos decisións unilaterais sen negociación previa”

A Deputación de Pontevedra insta á Xunta a convocar “de forma inmediata” á Comisión de Seguimento para pechar a decisión sobre os novos GES da provincia. O deputado provincial Carlos Font recordou que que “nos comprometemos a fixar posición en 24 horas unha vez que a Xunta nos remitira a documentación que levabamos días pedindo. Onte tivémola e en menos de 24 horas teñen a nosa resposta”.

Sanidade mantén abertas diversas investigacións relacionadas coa venda ilegal de probas diagnósticas da Covid-19 na nosa comunidade

A inspección de servizos sanitarios da Consellería de Sanidade ten coñecemento de mensaxes publicitarias e puntos de venda relacionados coa probas diagnósticas da Covid-19 (PCR, test de anticorpos, antíxenos,...), realizados por entidades que non dispoñen de autorización sanitaria.

O Ministerio de Inclusión flexibiliza o acceso da hostalaría á prestación extraordinaria por suspensión de actividade

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións adoptou un criterio, a través da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, polo que flexibiliza o acceso á prestación extraordinaria por suspensión temporal da actividade para traballadores autónomos (detallada no artigo 13 do RDL 30/20202).

A presidenta da Deputación pide que os prostíbulos “inclúanse na orde de restricións da Xunta”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, vén de remitir unha carta á secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, apelando á súa sensibilidade e ás súas declaracións a favor do abolicionismo para que os prostíbulos e clubs de alterne se inclúan na listaxe de establecementos a pechar no marco da Orde de Restricións da Xunta de Galicia para facer fronte á covid-19. “É intolerable”, asegurou Silva, que se “tomen decisións moi restritivas para sectores fundamentais da nosa economía” mentres os clubs de alterne e prostíbulos permanecen abertos”.

Carmela Silva reivindica a bandeira da igualdade na xornada ‘O mar das mulleres’, “sen ela todos os demáis obxectivos non se poden conseguir”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, reivindicou hoxe a bandeira da igualdade, “sen ela todos os demais obxectivos non se poden conseguir”, na apertura da VI Xornada sobre 'Bo uso e mal uso do mar', que este ano leva por título 'Unha mirada á Axenda 2030 desde unha perspectiva de xénero: o mar das mulleres nas túas mans', organizada pola Uvigo e coa colaboración da Deputación e do Consello da Cultura Galega.

O Banco de Alimentos lanza a súa primeira Gran Recollida virtual, mentres atende xa un 40% máis de persoas

A Fundación Provincial Banco de Alimentos, con sede en Vigo e delegación propia en Pontevedra, lanza a que será a súa primeira Gran Recollida (GR2020) integramente virtual, mentres atende xa a un 40 por cento máis de persoas vulnerables como consecuencia da pandemia.

David Regades e as deputadas Olga Alonso e Ángeles Marra destacan o gran impacto dos PGE 2021 para o reforzo da economía e o...

O delegado da Zona Franca de Vigo e secretario xeral dos socialistas da provincia de Pontevedra, David Regades, recibiu hoxe, na sede do antigo Reitorado, ás deputadas viguesas no Congreso, Olga Alonso e Ángeles Marra. Sobre a mesa a análise dun proxecto de Orzamentos Xerais do Estado 2021 que, en palabras dos tres responsables políticos, “son excelentes na medida en que están concibidos a escala de Vigo e contribuirán á reactivación da economía e á xeración de postos de traballo”.

A Xunta garantirá o subministro de máscaras de protección para o alumnado que máis o precise durante todo o curso

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu hoxe a reunión da Xunta Autonómica de Directores, onde informou de que o Goberno galego garantirá o subministro de máscaras de protección para o alumnado que máis o necesite durante todo o curso escolar, así como para o profesorado.

O SERGAS presenta aos sindicatos un Plan de continxencia Covid-19 coa contratación por un ano de máis dun centenar de profesionais de enfermería

O pasado venres celebrouse a reunión da Mesa sectorial de Sanidade, a través de videoconferencia, coa asistencia do xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias, os directores xerais de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, de Saúde Pública, Carmen Durán, e de Recursos Humanos, Ana Comesaña e coa asistencia dos representantes das organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF, SATSE, UGT.